Os tres erres
Reduce Residuos: Aforra Recursos. É o noso Reto, é a nosa Responsabilidade.
Con pequenos xestos diarios, podemos contribuír, entre todos, a minimizar a xeración de residuos urbanos. Con iso lograremos, non só importantes beneficios ambientais, senón tamén económicos e sociais. A continuación detallamos uns sinxelos consellos cos que reducir a produción de residuos, tanto na compra, apostando por un consumo responsable, como na oficina e centros educativos, así como no propio fogar.
- Á hora de elixir un produto, ten en conta a súa calidade e durabilidade, así como os residuos que xeran as diferentes opcións de comercialización do mesmo.
- Compra os alimentos tendo en conta a súa caducidade. Planifica o teu consumo.
Na compra, no compres residuos
- Tenta adquirir artigos que estean minimamente envoltos. Á hora de escoller entre produtos semellantes, elixe aquel que teña menos envases e embalaxes.
- Non esquezas levar o teu carro da compra ou a bolsa de lona ou tea de toda a vida, evitando con iso utilizar unha nova bolsa de plástico cada vez. Rexeita as bolsas que non necesites, aínda que insistan en regalarchas.
- Solicita ao dependente/a que non envolva e empaquete os produtos que compraches, salvo que sexa imprescindible.
- Procura comprar artigos reutilizables. Lembra que os de usar e tirar incrementan a cantidade de residuos.
- Promove o uso de produtos que veñan en recipientes recargables.
- Rexeita os consumibles (froitas, carnes, verduras) envasados en bandexas de plástico.
- Afaite a adquirir artigos a granel ou sen empaquetar. Pensa que o envoltorio non forma parte do produto que adquirimos e que acaba por converterse nun residuo do que nos desprendemos inmediatamente.
- Nas bebidas e líquidos, opta por envases grandes, e se son retornables, mellor. As botellas, frascos e tarros de vidro constitúen unha magnífica opción (o vidro é 100% reciclable).
- Lembra que comprar en grandes cantidades non só é máis barato, senón que tamén permite reducir a cantidade de embalaxes. Ten en conta que os produtos en frasco familiar xeran menos residuos por unidade.
- Antes de realizar a compra, fai a lista do que precises. Deféndete ante as estratexias de venda das grandes superficies (ofertas tentadoras, compras impulsivas, etc).
Na oficina e centros educativos
- Non desaproveites o papel. Usa sempre as dúas caras das follas e reutiliza as impresas por un lado para borradores, tarefas, comunicación informal, etc.
- Dá preferencia aos materiais con recambio. É unha maneira eficaz de reducir, máis ecolóxica e económica que a utilización de materiais dun só uso.
- Os papeis de imposible ou difícil reciclaxe (plastificados, encerados, ...) só deberías empregalos cando non exista outra posibilidade menos impactante.
- Usa papel reciclado sempre que poidas. Isto aumentará a súa demanda contribuíndo á súa maior produción e, en consecuencia, á preservación de recursos naturais.
- Utiliza o teu propio vaso ou cunca e evita o uso de desbotables.
No fogar
- Usa trapos de cociña en lugar de rolos de papel, e utiliza panos de algodón en lugar de panos de papel.
- Cos restos das comidas e un pouco de imaxinación, podemos preparar atractivos menús, evitando que acaben no cubo do lixo.
- Adquire pilas recargables en lugar das convencionais.
- Respecto das cousas que xa non usen os membros da unidade familiar, debemos procurar que alguén as reciba. Lembra que con moi pouco podes facer máis fácil a vida doutros.