Idiomas

A CE estuda un proxecto de control de refugallos téxtiles que afectará a toda a cadea de valor

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A iniciativa, presentada por 11 países da UE, propón establecer unha porcentaxe mínima de contido reciclable en cada prenda ou artigo téxtil, prohibir que se destrúan os produtos non vendidos e poñer en marcha máis medidas contra o greenwashing

Cerceda, a 11 de xaneiro de 2022.- Europa avoga por unha industria téxtil máis sostible e, neste marco, once países da Unión Europea (España, Francia, Austria, Alemaña, Noruega, Países Baixos, Suecia, Bélxica, Dinamarca, Finlandia e Luxemburgo) uniron forzas para preparar un proxecto de control de refugallos téxtiles que afectará a toda a cadea de valor, desde o aprovisionamento ata despois da venda.

Os impulsores declararon que “fai falta un plan estratéxico ambicioso e completo” para tratar esta problemática, tanto preconsumo como posconsumo. O obxectivo é facer da industria téxtil europea “un sector máis competitivo e sostible”.

Ademais do control de refugallos, a iniciativa pretende reducir as emisións de carbono da industria téxtil. “Trátase dun dos piares do Acordo de París”, xustifica  Steven van  Weyeberg, ministro  neerlandés de  medioambiente, e engade que “é importante que Europa converta o uso de téxtiles sostibles na norma”.

As solucións sobre as que se sustenta esta proposta son establecer unha porcentaxe mínima de contido reciclable para cada prenda ou artigo téxtil, prohibir que se destrúan os produtos non vendidos e poñer en marcha máis medidas contra o greenwashing.

O proxecto naceu en xuño de 2021, cando Países Baixos convidou a un número descoñecido de países europeos a fin de “intercambiar visións para construír unha industria téxtil máis sostible”.

Posteriormente, os once países que se comprometeron coa iniciativa enviaron unha primeira proposta aos comisarios europeos Thierry Breton,  Virginijus  Sinkevič ius e  Frans  Timmermans.

En xullo, a Comisión Europea xa deu luz verde a un plan de control de refugallos no sector, o System  Circularity  and  Innovative  Recycling  of Téxtiles, para o cal investirá nove millóns de euros.

Fonte:  modaes.es

Imaxe:  Pexels

11 Xan 2022

Galería