SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A CE proporciona orientacións para a aplicación harmonizada das normas sobre plásticos dun só uso

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Tamén adoptou unha Decisión de Execución sobre o seguimento e a notificación das artes de pesca introducidas no mercado e as recollidas como residuos, incentivando o seu desembarque e mellorando a súa manipulación a través da introdución de réximes de responsabilidade ampliada do produtor.
  • Estas normas teñen por obxecto reducir o lixo mariño e promover a transición a unha economía circular con modelos de negocio, produtos e materiais innovadores e sostibles.

Cerceda, a 8 de xuño de 2021.- A Comisión proporcionou orientacións relativas ás normas da UE sobre plásticos dun só uso e adoptou unha Decisión de Execución sobre o seguimento e a notificación das artes de pesca introducidas no mercado e as recollidas como residuos.

Estas normas teñen por obxecto reducir o lixo mariño procedente dos produtos de plástico dun só uso e das artes de pesca, e promover a transición a unha economía circular con modelos de negocio, produtos e materiais innovadores e sostibles.

Segundo as normas da UE de 2019, como moi tarde o 3 de xullo deste ano, os Estados membros deben garantir que determinados produtos de plástico dun só uso, e para os que existen alternativas asequibles sen plástico, deixen de introducirse no mercado europeo. É o caso de  bastoncillos de algodón, cubertos, pratos,  pallas, axitadores,  paos de globos, así como algúns artigos de  poliestireno expandido (vasos e recipientes para alimentos e bebidas) e todos os de plástico  oxodegradable.

No caso doutros produtos plásticos (artes de pesca, bolsas de plástico dun só uso, botellas, recipientes de bebidas e alimentos para consumo inmediato, envases e envoltorios,  filtros de tabaco, artigos hixiénicos e toalliñas húmidas), aplícanse distintas medidas, entre as que cabe mencionar a limitación do seu uso, a redución do seu consumo e a prevención de vertidos de lixo mediante requisitos de etiquetaxe, réximes de responsabilidade ampliada do produtor (principio de quen contamina paga), campañas de sensibilización e criterios de deseño dos produtos.

As Directrices teñen por obxecto garantir que as novas normas se apliquen correcta e uniformemente en toda a UE.

AS ARTES DE PESCA REPRESENTAN O 27% DOS REFUGALLOS DE PRAIA

A Decisión de Execución sobre o seguimento e a notificación das artes de pesca introducidAs no mercado e as recollidas como residuos permite aos Estados membros cumprir a súa obriga de notificar, a partir de 2022, as artes de pesca introducidas no mercado que conteñan plástico e as recollidas no mar, unha vez convertidas en residuos. O obxectivo consiste en incentivar o seu desembarque e mellorar a súa manipulación mediante a introdución de réximes de responsabilidade ampliada do produtor.

Ademais, sobre a base dos datos recompilados, os Estados membros con augas mariñas terán que fixar, como moi tarde o 31 de decembro de 2024, unha taxa mínima nacional anual de recollida de residuos de artes de pesca que conteñan plástico para a súa reciclaxe, con vistas ao establecemento de obxectivos cuantitativos vinculantes de recollida a escala da Unión.

As artes de pesca abandonadas, perdidas ou refugadas representan o 27 % dos refugallos de praia, segundo a avaliación de impacto de 2018, mentres que unha proporción significativa das introducidas no mercado non son recollidas para o seu tratamento.

Fonte: Comisión Europea

Imaxe:  Pexels

8 Xuñ 2021

Galería