SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Cerceda, Ponteceso e Carballo amplían os seus programas de autocompostaxe co apoio de Sogama

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A empresa entregou 50 novos composteiros a cada concello (150 unidades en total), que sumados a partidas anteriores, fan un total de 700 recipientes distribuidos entre os tres municipios.
  • Con esta iniciativa, os entes locais poderán reducir a xeración de residuos e entregar menos toneladas a Sogama, co conseguinte aforro de custes.

Cerceda, a 10 de xuño de 2021.- Os concellos de Cerceda, Ponteceso e Carballo amplían os seus programas de compostaxe doméstica co apoio de Sogama. Esta empresa pública entregou a cada un 50 novos composteiros, con capacidade para 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables.

Carballo, cunha dilatada experiencia na autoxestión da materia orgánica en orixe, téndose iniciado xa na recollida selectiva da mesma a través do quinto contedor, de cor marrón, suma máis de 400 composteiros domésticos achegados por Sogama. No caso de Cerceda, serán 200 as vivendas adscritas a esta iniciativa e, no de Ponteceso, 80.

O obxectivo é poñer en valor os refugallos orgánicos en orixe e convertelos en compost para que regresen á terra en forma de nutrinte. É por isto que un dos requisitos que deben cumprir os participantes é o de habitar en vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo (horta, xardín ou terras de cultivo) para completar o ciclo de recuperación da fracción orgánica, erixíndose en todo un exemplo de economía circular.

Máis aló dos beneficios ambientais do programa, este tamén traerá consigo vantaxes económicas e sociais, toda vez que axudará aos entes locais a reducir a cantidade de lixo entregado a Sogama para o seu tratamento final, o que se traducirá nunha diminución de custos.

A empresa proporcionará aos concellos manuais didácticos para repartir entre os usuarios e, nos que así o requiran, impartirá cursos de formación dirixidos á veciñanza para explicar con máis detalle a técnica a aplicar nos fogares, solventar dúbidas e corrixir posibles erros.

O obxectivo final desta estratexia, ademais de minorar a xeración de residuos, é obter un compost de alta calidade que poida ser utilizado sen restricións, e con todas as garantías, na agricultura e xardinería conforme á normativa vixente.

Máis información en www.compostaconsogama.gal

Saúdos, Departamento de Comunicación

10 Xuñ 2021

Galería