SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Convocada a quinta edición dos Premios Medio Ambiente APROEMA

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A través destes galardóns, a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia, á que está adscrita Sogama, quere poñer en valor o esforzo realizado, tanto por particulares como por colectivos, para avanzar na nosa comunidade cara a un modelo de economía circular.
  • O prazo para a presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o próximo 15 de outubro.
  • A entrega de premios celebrarase o 26 de novembro nun acto público presencial se a situación sanitaria o permite. En caso contrario, sería virtual.

Cerceda, a 24 de setembro de 2020. A Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA), á que está adscrita SOGAMA, segue avanzando nos preparativos da que será a quinta edición dos seus Premios ‘Medio Ambiente’, un certame bienal co que esta entidade quere recoñecer aquelas iniciativas e proxectos que pretenden lograr unha mellora do medio ambiente e o desenvolvemento sostible en Galicia, contribuíndo a que a nosa comunidade avance cara a un modelo de economía circular.

O prazo para a presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o próximo 15 de outubro.

O premio ‘Medio Ambiente APROEMA’ consta de catro modalidades diferentes: entidades públicas, empresas, entidades privadas e centros académicos. Os candidatos deberán ter implementado, durante o período 2018-2020, un proxecto ambiental innovador nalgún dos seguintes ámbitos: a conservación e mellora da contorna natural galega, xestión de residuos, valorización, campañas de concienciación ambiental e outras áreas que consideren de interese.

Á hora de avaliar as candidaturas, o xurado, formado por representantes do sector ambiental galego, terá en conta o impacto social e sobre a contorna das distintas iniciativas presentadas, o seu aporte innovador e o seu grao de transferibilidade e continuidade.

Con estes galardóns preténdese enxalzar o esforzo realizado polas entidades participantes na implantación de iniciativas orixinais e innovadoras que contribúan á circularidade, é dicir, que minimicen o consumo de materias primas, que recuperen os residuos xerados como recursos valiosos para o proceso produtivo e que promovvan a eficiencia enerxética, entre outras accións.

Así mesmo, cabe indicar que a actual conxuntura económica á que contribuíu o impacto da pandemia do COVID-19, formula un desafío aos investimentos no medio ambiente, de aí que APROEMA teña un interese especial en destacar o traballo daquelas entidades que, pese a todo, seguen apostando polo desenvolvemento sostible.

A entrega dos premios celebrarase o 26 de novembro nun acto público presencial se a situación sanitaria o permite. En caso contrario, sería virtual.

Na organización dos premios colaboran as seguintes institucións e entidades: Universidade de Santiago de Compostela, Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Consellería de Medio Ambiente, Ecoembes e SOGAMA.

As entidades e centros interesados poden a ccederás bases a través do seguinte enlace: https://bit.ly/2Yf9fSt

Fonte e imaxe: APROEMA

24 Set 2020

Galería