Idiomas

ESWET asegura que a UE debería reafirmar o papel de Waste to Energy na economía circular

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Considera que, no actual contexto de crise enerxética, é necesario maximizar o uso de todas as fontes limpas de enerxía, incluída a electricidade e a calor procedentes da valorización enerxética dos residuos non reciclables

Cerceda, a 3 de novembro de 2022.- A actual crise enerxética puxo de manifesto a necesidade e a urxencia de acelerar a transición enerxética. Para isto precísase maximizar o uso de todas as fontes limpas de enerxía, incluída a electricidade e a calor subministrados por Waste-to-Energy. A recuperación enerxética proporciona enerxía fiable, local e parcialmente renovable, á vez que desempeña unha importante función ao poñer en valor os residuos municipais non reciclables nun marco de economía circular.

A Comisión Europea recoñeceu en 2017 o papel de WtE, pero, a xuízo de ESWET, debe reafirmar o seu compromiso con este tratamento finalista dada a elevada xeración de refugallos. Se ben pon de relevo as ambiciosas iniciativas propostas pola CE, incide na necesidade de acelerar a revisión do Directiva Marco de Residuos, requirindo preservar a xerarquía de xestión de residuos existente; recoñecer a recuperación de metais e minerais das cinzas como reciclaxe; apoiar aos Estados membros no obxectivo de chegar á vertedura técnica cero en 2035; e reforzar o principio de quen contamina paga.

Neste sentido, ESWET dá a benvida ao Programa de Traballo 2023 da Comisión Europea e a renovación das ambicións do Green Deal, así como á Lei de Materias Primas Críticas, destacando que a reciclaxe e a recuperación de materiais clave serán cruciais para a transición verde. A xuízo de Patrick Clerens, Secretario Xeral de ESWET, “Débese apoiar a contribución total do sector Waste-to-Energy á economía circular como unha solución segura de tratamento de residuos para materiais non reciclables, unha opción de recuperación de materiais e unha fonte de enerxía parcialmente renovable e confiable para cidadáns e empresas. .”

Fonte e imaxe: ESWET (Asociación de provedores europeos de tecnoloxía de conversión de residuos en enerxía)

3 Nov 2022

Galería