Idiomas

As institucións europeas acordan prioridades para unha UE resiliente e revitalizada en 2022

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Comisión Europea, Consello e Parlamento asinaron unha Declaración conxunta que identifica as prioridades lexislativas clave para este ano, acollendo con satisfacción os logros de 2021, entre os que cabería destacar a Lei climática europea.

Cerceda, a 12 de xaneiro de 2022.- A mediados do pasado mes de decembro, as institucións europeas (Comisión Europea, Consello Europeo e Parlamento Europeo) asinaron a Declaración conxunta sobre as prioridades lexislativas da UE para 2022. Na mesma establécese a visión compartida dunha Europa transformada e máis resiliente, que emerxe con máis forza da pandemia da COVID-19 e as dramáticas consecuencias do cambio climático e outras crises globais.

A Declaración conxunta fai fincapé nas propostas lexislativas clave que están actualmente en mans dos colexisladores ou que serán presentadas pola Comisión Europea no outono de 2022. Compromete ás tres institucións a dar a máxima prioridade a un conxunto de iniciativas destinadas a Cumprir co Pacto Verde Europeo, lograr unha Europa apta para a era dixital, crear unha economía que funcione para as persoas, promover unha Europa máis forte no mundo, impulsar o noso estilo de vida europeo, protexer e fortalecer a nosa democracia, e defender nosa Europa común.

Tamén afirmaron o seu compromiso de facer un seguimento dos resultados da Conferencia sobre o futuro de Europa e mostráronse satisfeitas cos logros alcanzados en 2021, entre os que podería destacarse, entre outros, a Lei climática europea.

CONTEXTO

Desde 2016, o Parlamento Europeo, a Comisión e o Consello debateron e acordaron as prioridades lexislativas da UE para o ano seguinte, nunha Declaración conxunta anual.

Isto permite ás institucións colaborar máis estreitamente en propostas lexislativas clave presentadas pola Comisión, e para as que o Consello e o Parlamento son colexisladores.

Fonte: Parlamento Europeo

Imaxe:  Pexels

12 Xan 2022

Galería