SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Investígase o desenvolvemento de tecnoloxías de reciclado de biocomposites do sector aeronáutico

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Este estudo enmárcase no proxecto europeo ELIOT, que coordina Aimplas, e cuxo obxectivo é desenvolver novas tecnoloxías de reciclado a un custo eficiente e que permitan á industria aeronáutica garantir a sostibilidade dos seus compoñentes.
  • A iniciativa, que arrincou o pasado mes de xullo, tera unha duración de 32 meses e conta coa participación do centro holandés TNO.

Cerceda, a 7 de outubro de 2020.- O sector aeronáutico está a traballar no desenvolvemento de tecnoloxías prometedoras que permitan minimizar o seu impacto sobre o medio ambiente. Neste sentido, os composites de altas prestacións consolidáronse como unha das claves para a redución de peso das aeronaves e polo tanto nunha diminución do consumo de combustible e emisións de CO2 á atmosfera. Así mesmo, o sector tamén abordou o desenvolvemento de biocomposites que empregan fibras naturais como reforzo e resinas procedentes de fontes renovables.

Malia todas as vantaxes destes compostos, en ningún dos casos existe unha solución eficiente para a súa xestión cando, unha vez esgotada a súa vida útil, se converten en residuo. A súa heteroxeneidade e natureza termoestable fan complicada a súa recuperación, máis aínda no caso dos biocomposites pola novidade do material e porque, a diferenza dos convencionais, non conteñen fibras de carbono cun alto valor de mercado.

Co obxectivo de desenvolver novas tecnoloxías de reciclado a un custo eficiente e que permitan á industria aeronáutica garantir a sostenibilidad dos seus compoñentes, púxose en marcha o proxecto europeo ELIOT, que coordina Aimplas (Instituto Tecnolóxico do Plástico).

A iniciativa, que arrincou o pasado mes de xullo, terá unha duración de 32 meses, e conta igualmente coa participación do centro holandés TNO. Durante a súa execución vanse a analizar distintos métodos de reciclado: desde o mecánico ata o térmico, pasando polo químico e o biolóxico.

Na procura de novas solucións alineadas coa economía circular, analizaranse alternativas máis factibles e probaranse a escala de laboratorio, prevendo o proxecto demostrar a súa viabilidade técnica a escala preindustrial.

ELIOT recibiu financiamento do programa europeo de investigación e innovación Horizonte 2020.

Fonte e imaxe: Aimplas

7 Out 2020

Galería