SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Javier Domínguez explicará en Navarra o labor de Sogama como empresa pública exemplar

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O presidente desta Sociedade participará no “I Encontro Estatal de Corporacións Públicas Empresariais”, que terá lugar en Baluarte, Pazo de Congresos e Auditorio de Navarra, o próximo 22 de xuño.
  • O evento, que inaugurará a presidenta de Navarra, María Chivite, contempla relatorios e mesas de debate nos ámbitos político, de xestión e empresarial.
  • Domínguez compartirá sesión co director de operacións de Correos, Eduardo Herrera; o director xerente de  Nasuvinsa, Alberto Bayona; e a directora xerente de  Tracasa Instrumental, Mar González.

Cerceda, a 16 de xuño de 2021.- O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, foi convidado polo Goberno de Navarra para participar no “I Encontro Estatal de Corporacións Públicas Empresariais”, organizado por CPEN (Corporación Pública Empresarial de Navarra), e que terá lugar en Baluarte, Pazo de Congresos e Auditorio de Navarra, o próximo 22 de xuño.

Nesta xornada daranse cita representantes institucionais e empresariais do ámbito público de sete Comunidades Autónomas, así como do sector público estatal, que compartirán e analizarán as súas experiencias desde distintas perspectivas.

Tal e como manifestou o director xeral de CPEN, Francisco Fernández Nistal, “móvenos o obxectivo de poñer en valor o labor que as sociedades públicas realizamos en favor do desenvolvemento territorial e social dos distintos territorios e, específicamente, o papel que as corporacións exercemos como  garantes do bo facer e a sostibilidade do conxunto do sector público empresarial; máis se cabe neste escenario de reactivación económica e social que estamos a vivir”.

O encontro, que inaugurará a presidenta de Navarra, María  Chivite, á súa vez presidenta do Consello de Administración de CPEN, contempla relatorios e mesas de debate nos ámbitos político, de xestión e empresarial.

Tras o primeiro relatorio, a cargo de Antonio Miguel Cervera, presidente de  SEPIDES (Grupo Sociedade Estatal de Participacións Industriais), terá lugar un coloquio no que se contará coa intervención de tres conselleiras e un  viceconselleiro de Economía de distintos gobernos autonómicos, os cales disertarán sobre a política económica e instrumentos de financiamento empresarial a disposición das Comunidades Autónomas.

Acto seguido, o director xeral de CPEN exporá unha análise comparativa da realidade das corporacións públicas empresariais existentes en España, cuxos máximos responsables debullarán o labor das mesmas e o seu papel no desenvolvemento rexional.

BOAS PRÁCTICAS EMPRESARIAIS DE CARÁCTER PÚBLICO

A intervención de Javier Domínguez terá lugar na sesión dedicada a exemplos de boas prácticas empresariais de carácter público, compartindo mesa co director de operacións de Correos, Eduardo Herrera; o director xerente de  Nasuvinsa (sociedade pública de vivenda e urbanismo do Gobierno de Navarra), Alberto Bayona; e a directora xerente de Tracasa Instrumental (empresa pública de Navarra especializada na prestación de servizos no uso de información territorial e das tecnoloxías da información), Mar González.

O evento poderá seguirse presencialmente, previa inscrición ata completar aforo, ou ben a través da canle de Youtube de  NSP.

Será Elma Saiz, conselleira de Economía e Facenda do Goberno de Navarra, a encargada de clausurar o encontro.

Máis información en www.sociedadespublicasdenavarra.es

Saúdos, Departamento de Comunicación

16 Xuñ 2021

Galería