SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O canal educativo de Sogama "Caderno Verde" incrementa nun 510% o número de páxinas vistas

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Durante o curso académico 2019-2020, recibiu máis de 25.500 visitas, con 145.167 páxinas visitas.
  • Orientado a alumnado de Educación Primaria, docentes e pais, a pretensión de Caderno Verde é traballar os contidos das distintas disciplinas curriculares, pero desde unha dimensión ambiental, priorizando a xestión sostible dos residuos urbanos.
  • Baixo a denominación “De vacacións con Caderno Verde”, os escolares teñen á súa disposición unha serie de actividades coas que complementar un verán diferente, pero non por iso menos divertido.

Cerceda, a 31 de xullo de 2020.- A audiencia da plataforma educativa de Sogama www.cadernoverde.gal, creceu de forma exponencial durante o pasado curso académico, tanto en número de visitas como no de páxinas vistas. Se en setembro de 2019 recibira 1.696 visitas con 9.611 páxinas vistas, en xuño de 2020 alcanzou as 5.427 visitas con 38.783 páxinas vistas, un 303,13%. Non obstante, se a comparativa faise respecto ao período 2018-2019, o incremento ascende ao 509,90%.

O balance do pasado ascende a 25.504 visitas con 145.167 páxinas vistas, datos que veñen a evidenciar a boa acollida deste recurso didáctico orientado ao alumnado de Educación Primaria, ao profesorado e aos pais.

A pretensión de Caderno Verde é traballar os contidos das distintas disciplinas curriculares (Matemáticas, Inglés, Lingua Española, Lingua Galega, Coñecemento do Medio, etc), pero desde unha dimensión ambiental a fin de que os pequenos, ademais de aprender, interioricen as boas prácticas para coidar a contorna, prestando especial atención á xestión sostible dos residuos urbanos e, máis concretamente, á estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

Coa axuda duns personaxes de ficción como son os Amigos de Vilaverde e a Familia Trebón e, dado o carácter interactivo da páxina, os escolares teñen a oportunidade de adentrarse en múltiples aventuras a través das cales se abordan distintas cuestións ambientais tales como o cambio climático, as enerxías renovables, a natureza, a fauna, etc.

Os contidos  compleméntanse con actividades, xogos e ecocontos a fin de espertar a sensibilidade ambiental dos máis novos para que eles formen parte do cambio cara a unha sociedade máis sostible e circular na que prime o máximo aproveitamento dos produtos, a redución de residuos e a transformación destes en recursos.

Durante o obrigado confinamento producido polo COVID-19, Sogama sacou á luz, a través desta plataforma, unha serie #EuQuedoNaCasa Co Caderno Verde conformada por 15 unidades didácticas nas que se explicaba aos nenos a situación do virus, como protexerse do mesmo e como axudar na casa e aos seus familiares desde a máxima responsabilidade e o debido cumprimento das normas sanitarias.

Baixo a denominación “De vacacións con Caderno Verde”, os escolares teñen á súa disposición unha serie de actividades coas que complementar un verán diferente, pero non por iso menos divertido.

Saúdos, Departamento de Comunicación

31 Xul 2020

Galería