Idiomas

O gasto da UE en protección ambiental aumentou un 54% desde 2006

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Segundo datos publicados por Eurostat, o gasto durante 2021 ascendeu a 292.000 millóns de euros
  • A xestión de residuos supuxo a maior partida, especialmente no sector industrial e empresarial
  • As empresas asumiron o 62% do gasto en protección ambiental

Cerceda, a 1 de xullo de 2022.- Segundo datos publicados por Eurostat, o gasto da Unión Europea en protección do medio ambiente durante 2021 ascendeu a 292.000 millóns de euros. Cun aumento medio de máis do 3% cada ano, este gasto, que inclúe os investimentos e o consumo, aumentou un 54% desde 2006.

Así mesmo, os tres sectores institucionais que rexistraron maiores aumentos no gasto o pasado ano, en comparación con 2006, foron as empresas, cun 62 %, as administracións e sectores sen fins de lucro (41%), e os fogares (52%).

A Oficina Estatística da UE estima que, dentro do sector gobernamental e sen fins de lucro, a xestión de residuos e o tratamento de augas residuais abarcaron o 28% e o 23% dos gastos, respectivamente. No que respecta ás corporacións, a xestión de augas e residuos representou o 27% e 56% do seu gasto respectivamente.

En 2021, o gasto nacional en protección ambiental en % do PIB nos Estados membros da UE oscilou entre o 0,6 % en Irlanda e o 0,8 % en Romanía e o 3,2 % en Bélxica e Austria. Dez estados membros da UE están por riba da cota da UE do 2 % do PIB: Austria, Bélxica, Polonia, Chequia, Países Baixos, Croacia, Alemaña, Estonia, Suecia e Eslovenia. No caso de España, o gasto en protección ambiental situouse un pouco por baixo da media europea.

Pola súa banda, os investimentos en activos esenciais para prestar servizos de protección ambiental ascenderon a 59.000 millóns de euros, 5.000 millóns máis que en 2020. Estes servizos incluíron plantas de tratamento de augas, vehículos para transportar residuos, adquisición de terreos para reservas naturais e equipos de produción menos contaminantes.

Os datos mostran que o 24 % do financiamento destinouse a I+D ambiental e outras actividades de protección, como a salvagarda da biodiversidade, a paisaxe, o aire, o solo, a redución do ruído e a radiación. A protección do aire e o clima foi o 7% do total e o 10% restante dedicouse á protección de solos, augas subterráneas, biodiversidade, redución de ruído, protección contra a radiación e I+D+i ambiental.

Fonte: elagoradiario.com

Imaxe: Pixabay

1 Xul 2022

Galería