Idiomas

Os españois, máis concienciados co desperdicio alimentario durante o Nadal

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Así se recolle nunha enquisa lanzada polo VIII Observatorio  Nestlé sobre Hábitos Nutricionais e Estilo de Vida das Familias.
  • No 92% dos fogares, a comida que sobra en Nadal non se tira, fronte ao 4,5 % que recoñece abertamente que acaba no lixo.
  • O 72 % confesa que leva as sobras dos pratos que degustaron nun  tupper para aproveitalas na casa.

Cerceda, a 19 de xaneiro de 2022.- Segundo unha enquisa lanzada polo VIII Observatorio Nestlé sobre Hábitos Nutricionais e Estilo de Vida das Familias, na maioría dos fogares españois (o 92 %) a comida que sobra en Nadal non se tira fronte ao 4,5 % que recoñece abertamente que acaba no lixo. Os principais motivos que levan aos cidadáns a evitar o desperdicio alimentario nestas festas son, por esta orde, porque hai xente que o necesita (62 %), polo malgaste económico que supón (23, 8 %) e pola sustentabilidade do planeta (14,3 %).

A principal forma de aproveitar as sobras é gardalas para outro prato ou para comer noutro momento. Así o fai o 88 % dos enquisados. O 15,4% tamén llas dá á mascota e o 9,8 % úsaa para elaborar compost. Pola súa banda, un 8 % recoñece que, aínda que garda os restos de comida nun primeiro momento, finalmente acábaos tirando.

Os que optaron por gozar das tradicionais comidas do Nadal nun restaurante, tamén se mostran moi concienciados. O 72 % confesa que leva as sobras dos pratos que degustaron nun tupper para aproveitalas na casa.

Seis de cada dez españois cren que o que compran e consomen nestas festas repercute no planeta. Conscientes disto, o 50%, asegura que estaría disposto a cambiar o menú para ser máis sostible.

RECICLAXE

Segundo o Observatorio  Nestlé, o 62 % recicla igual que o resto do ano, pero ata un 31 % adicional está mesmo máis concienciado nestas datas e, por tanto, separa máis os envases domésticos que noutros momentos do ano. Pola contra, o 5,4 % recicla menos nesas datas. Algúns dos motivos sinalados é que son moitos na casa e é máis difícil. O resto, o 1,6 %, admite que non recicla nunca.

DIETA SAUDABLE, ANTES E DESPOIS

Independentemente dos menús destes días, a tendencia dos españois para aumentar a proteína vexetal nótase antes e despois das festas.

Case o 60 % dos enquisados asegura que come máis saudable en xaneiro para compensar os excesos e o 40 % afirma que o fai antes dos festíns do Nadal.

Fonte e imaxe: Compromiso  RSE

19 Xan 2021

Galería