Idiomas

Os mozos de Boqueixón perfeccionan os seus coñecementos ambientais coa axuda de Sogama

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Os educadores ao servizo desta empresa pública impartiron nesta localidade unha xornada formativa sobre xestión sostible de residuos urbanos, que estivo orientada ao alumnado de secundaria do CPI Antonio Orza Couto
  • Os escolares quixeron ampliar os seus coñecementos sobre o programa de compostaxe doméstica, implantado na súa localidade da man de Sogama, quen entregou ao concello 125 composteiros para distribuír entre outras tantas vivendas
  • Así mesmo, mostraron interese por coñecer con máis detalle a economía circular e as súas vantaxes a nivel económico, social e ambiental

Cerceda, a 9 de agosto de 2022.- No marco das actividades xuvenís de verán promovidas polo Concello de Boqueixón, este trasladou invitación a Sogama para impartir unha xornada formativa sobre xestión sostible de residuos urbanos, celebrada a finais do pasado mes de xullo, e que estivo orientada ao alumnado de secundaria do CPI Antonio Orza Couto, pertencente a este municipio.

Educadores ao servizo da empresa pública puxeron rumbo á localidade coruñesa para manter un encontro cunha vintena de estudantes e abundar así nos pormenores da correcta xestión dos residuos, prestando especial atención ao principio europeo dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), na actividade industrial de Sogama e no programa de compostaxe doméstica implantado en Boqueixón da man desta compañía e no que os escolares están moi implicados. Tanto é así, que mesmo colaboran co ente local nas tarefas de seguimento desta iniciativa.

125 COMPOSTEIROS EN FUNCIONAMENTO

Cabe lembrar que a Sociedade Galega do Medio Ambiente entregou a este concello un total de 125 compostEIROS domésticos para distribuír entre outras tantas vivendas unifamiliares con terreo (horta, xardín e/o terras de cultivo), á vez que impartiu tamén formación entre os veciños adscritos a esta iniciativa a fin de que aplicasen a técnica correctamente e obtivesen un compost de alta calidade para a súa posterior utilización na agricultura e xardinería.

Dado que os mozos son parte activa no coidado do medio ambiente, efectuaron diversas consultas e aclaracións sobre a autozestión da materia orgánica, proceso a levar a cabo e beneficios. Tamén trasladaron dúbidas sobre o contedor de destino de residuos habituais na vida cotiá e preguntaron as diferenzas entre vidro e cristal, xa que, de non ter claros ambos os dous conceptos, xéranse confusións respecto dos materiais que deben ser depositados no iglú verde, unicamente reservado para os envases de vidro (botellas, frascos e tarros). Así mesmo, mostraron interese por coñecer con máis detalle a economía circular e as súas vantaxes a nivel económico, social e ambiental.

Saúdos, Departamento de Comunicación

9 Ago 2022

Galería