Idiomas

A reciclaxe de materiais compostos, unha das cuestións que máis preocupa aos científicos do sector

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Así se deixou constancia na xornada técnica celebrada o pasado 18 de novembro en Zaragoza baixo a organización da Cátedra Aitiip, e na que se abordaron as últimas novidades en reciclaxe, recuperación e reutilización de materiais composites, á vez que se presentaron as liñas de investigación en activo máis revolucionarias

Cerceda, a 23 de novembro de 2022.- No marco da III edición de Composiforum, un foro internacional celebrado o pasado 18 de novembro en Zaragoza e no que se deron cita científicos e expertos de centros de investigación, universidades e compañías punteiras de varios países europeos, deixouse constancia de que a reciclaxe dos materiais compostos baseados en plástico, representa unha das cuestións que máis preocupa á comunidade científica do sector.

Nesta xornada técnica, organizada pola Cátedra Aitiip, abordáronse as últimas novidades en reciclaxe, recuperación e reutilización de materiais composites, á vez que se presentaron as liñas de investigación en activo máis revolucionarias.

Tal e como explicou Berta Gonzalvo, directora de investigación do Centro Tecnolóxico Aitiip, “Os materiais compostos son lixeiros, así que nos permiten reducir o consumo de enerxía nas diferentes industrias como a automoción ou a aeronáutica, pero agora estamos a investigar que todos eses materiais teñan unha segunda vida, que eses materiais non se refuguen e podamos separar as fibras das resinas para volver a convertelos noutros produtos”, ao que engadiu que ”O novo compromiso da comunidade científica radica agora en que os novos materiais que se xeren terán que ser intrinsecamente reciclables”.

Así mesmo, incidiu en que “resulta indispensable que os mozos que van a incorporarse ao mercado estean actualizados en canto ao estado da técnica, as necesidades da industria e a importancia de que os profesionais que estamos en activo teñamos unha formación continua en canto á investigación e saber como impactan no desenvolvemento dos produtos”.

CREACIÓN DE EMPREGO

Este tema preocupa, non só por dar unha segunda vida aos materiais compostos e apostar pola sostibilidade que supón a reciclaxe e a diminución das emisións de CO2, senón tamén porque é un sector que pode reter talento e crear emprego. De feito, Yolanda Sancho, directora xeral de Universidades do Gobierno de Aragón, manifestou que “Nos próximos anos poderíanse crear en Europa ata 2 millóns de empregos, polo que o papel da innovación resulta vital”.

Pola súa banda, Alejandro Ibrahim, CEO do Aeroporto de Teruel, destacou que “Temos un gran reto nos próximos anos en canto á sostibilidade no sector aeronáutico, especial e de defensa porque ata o 80% do material dos avións é material composto; o peso e a resistencia dos materiais é fundamental, así que a reconversión industrial para recuperalos é básica”.

A conferencia maxistral deste foro internacional correu a cargo de Pedro Camanho, profesor catedrático de Mecánica Aplicada da Universidade de Porto, quen subliñou a importancia de celebrar eventos como COMPOSIFORUM, pois “supoñen unha oportunidade única para congregar nun mesmo lugar a investigadores, profesionais da formación e tamén da industria”, o que facilita facerse eco dos desenvolvementos científicos e que a propia industria poida coñecer as súas aplicacións, de igual maneira que a comunidade científica chegue a comprender os grandes desafíos do mundo da industria.

Camanho deixou constancia da complexidade da sostibilidade dos materiais compostos, no sentido de que “son aspectos moi urxentes e hai que buscar sinerxías entre diferentes sectores, xa que o futuro pasa por novos compostos non convencionais que permitan novas funcionalidades, por exemplo para a robótica flexible ou para a fabricación der novas ás de avión”.  

BIOENXEÑARÍA ENZIMÁTICA

COMPOSIFORUM dou a coñecer investigacións punteiras en bioenxenaría enzimática para reciclar materiais compostos. En palabras de Miguel Alcalde, cofundador e conselleiro en EvoEnzyme, así como profesor investigador no Instituto de Catálisis do CSIC, este tipo de materiais son “moi axeitados e tecnoloxicamente moito máis potentes que os que se desenvolveron nas últimas décadas, pero cando remata o ciclo de vida dos composites, hai que tentar degradalos e valorizalos, e isto estámolo facendo agora mediante a aplicación de tecnoloxía verde baseada no uso de enzimas

Fonte e imaxe: https://www.industriambiente.com

23 Nov 2022

Galería