Idiomas

RecyClass publica unha guía para o deseño industrial de envases plásticos reciclables

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O documento explica, paso a paso, como deseñar envases de plástico ríxidos e flexibles para facelos compatibles coa reciclaxe e circulares
  • RecyClass Design Book é o resultado dunha colaboración de toda a cadea de valor do plástico co obxectivo de proporcionar orientación, en base a criterios científicos e baseados en feitos, fomentando unha contorna positiva para a innovación que abre a porta para un futuro plástico circular.

Cerceda, a 4 de xullo de 2022.- RecyClass publicou unha guía práctica para o deseño industrial de envases plásticos reciclables en base a un enfoque científico. O documento explica, paso a paso, como deseñar envases de plástico ríxidos e flexibles para facelos compatibles coa reciclaxe e, en última instancia, facelos circulares.

Máis aló de proporcionar información sobre como funcionan as Directrices de deseño para a reciclaxe, analiza tamén o funcionamento dos procesos de clasificación e reciclaxe, e como determinan a reciclabilidade dos envases.

Respecto disto, Paolo Glerean, presidente de RecyClass, manifestou que "O deseño para a reciclaxe é un primeiro paso crucial para garantir que un produto sexa reciclable ao final da súa fase de uso", ao que engadiu que “Ofrece información sobre como deben deseñarse os envases de plástico e como os diferentes compoñentes do envase inflúen na súa compatibilidade coa reciclaxe. Este enfoque conduce a unha mellor calidade do plástico reciclado e, por tanto, estimula a súa adopción en novas aplicacións de embalaxe”.

RecyClass Design Book é o resultado dunha colaboración de toda a cadea de valor do plástico co obxectivo de proporcionar orientación cientificamente verificada e baseada en feitos, fomentando deste xeito unha contorna positiva para a innovación que abre a porta a un futuro plástico circular.

As empresas ansiosas por liderar o movemento cara á circularidade agora poden buscar en RecyClass unha caixa de ferramentas integral para comprender, avaliar e certificar a reciclabilidade dos envases de plástico e para facer unha transición efectiva dunha economía plástica lineal a unha circular.

SOBRE RECYCLASS

RecyClass é unha iniciativa integral intersectorial que traballa para avanzar na reciclabilidade dos envases de plástico e establecer un enfoque harmonizado cara ao cálculo do contido reciclado e a súa rastrexabilidade en Europa.

As actividades dentro de RecyClass inclúen o desenvolvemento de Protocolos de Avaliación de Reciclabilidade e métodos de proba científica para materiais innovadores que serven como base para as Directrices de Deseño para Reciclaxe e a Ferramenta de Reciclaxe en Liña.

RecyClass ofrece Certificacións de Reciclabilidade para envases de plástico e Certificación de Rastrexabilidade de Contido Reciclado para produtos plásticos.

Fonte e imaxe: RecyClass

4 Xul 2022

Galería