Idiomas

A reutilización do téxtil resulta clave para garantir a súa circularidade e crear emprego verde

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Humana crea un posto de traballo por cada 30.000 quilos de roupa recollidos, coa particularidade de que, na súa maioría, son contratos indefinidos a tempo completo
  • En España xérase anualmente máis dun millón de toneladas de residuos téxtiles, das que unicamente se recuperan 110.000 toneladas

Cerceda, a 13 de xullo de 2022.- En España xérase anualmente máis dun millón de toneladas de residuos téxtiles, das que unicamente se recuperan 110.000 toneladas. Nun sector que se atopa en crecemento, a reutilización constitúe unha peza clave na transición cara a unha industria téxtil circular e a creación de emprego verde. A modo de exemplo, a venda de prenda de roupa nas tendas de moda secondhand de Humana Fundación Pueblo para Pueblo, que aumentaron un 11,8% en 2021 respecto a 2019, antes da pandemia.

Humana lembra que a recuperación e posterior xestión do téxtil usado “ten enormes beneficios, non só en termos ambientais senón tamén sociais, como é o emprego verde”. Esta organización crea un posto de traballo por cada 30.000 quilos de roupa recollidos, coa particularidade de que, na súa maioría, son contratos indefinidos a tempo completo. A entidade conta cun equipo conformado por 600 persoas, das cales o 75% son mulleres.

Rafael Mas, director de Proxectos e Relacións Externas de Humana, sinala que a formación resulta fundamental para asegurar o emprego especializado en xestión do téxtil. “A clasificación manual, prenda a prenda, é esencial para outorgarlle unha segunda vida. Na actualidade non existe sistema algún que poida substituír ao ollo e tacto humano ao procesar a roupa cun criterio de reutilización, promovendo a súa circularidade”, engade.

MOMENTO DECISIVO

O sector da roupa usada vive un momento decisivo coa recente aprobación no Congreso da Lei de Residuos e Solos Contaminados, que prohibe a destrución de excedentes do téxtil; determina que a recollida selectiva será obrigatoria en todos os municipios en 2025; apoia a reutilización e impulsa a posta en marcha de diferentes figuras de Responsabilidade Ampliada do Produtor (RAP).

Así mesmo, Humana sinala que “a folla de roteiro da UE segue un camiño moi claro, no que fomenta a xerarquía de residuos e a reutilización. A nosa entidade está aliñada con esta estratexia”. Neste sentido, lembra a visita, en novembro de 2021, do comisario europeo de Medio Ambiente, Virginijus Sinkevicius, á planta de preparación para a reutilización que Humana ten en Leganés (Madrid).

Xa entón, o alto cargo europeo manifestou que “É hora de dar ao téxtil post-consumo a importancia que se merece dentro da xestión sostible dos residuos, tendo en conta que a recollida selectiva e a súa preparación para a reutilización son claves para o fomento da economía circular e do emprego verde”.

Fonte e imaxe: Humana

13 Xul 2022

Galería