Idiomas

SIGNUS recolleu o pasado ano 200.286 toneladas de neumáticos fóra de uso, un 17,3% máis que en 2020

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Desta forma, o SIX dá debido cumprimento ás obrigas impostas polo Real Decreto 1619/2005 ao conxunto dos produtores adheridos, posibilitando a transformación dos pneumáticos fóra de uso en recursos útiles e valiosos para a sociedade.

Cerceda, a 17 de xaneiro de 2022.- O pasado ano, SIGNUS (Sistema Integrado de Xestión de Pneumáticos Usados) xestionou 200.286  toneladas recollidas previamente nos 25.820 puntos de xeración repartidos por toda a xeografía española. Esta cifra supón un incremento do 17,3% respecto á acadada en 2020.

Desta forma, SIGNUS dá debido cumprimento ás obrigas impostas polo Real Decreto 1619/2005 ao conxunto dos produtores adheridos, como é a de xestionar, polo menos, a mesma cantidade de pneumáticos que poñen por primeira vez no mercado nacional de reemprazo, á que habería que engadir os reutilizables que se volven a comercializar e que proceden das clasificacións que se  fan dos pneumáticos recollidos.

2021 foi o primeiro ano no que os pneumáticos con diámetro superior a 1.400 mm integráronse na responsabilidade ampliada do produtor, o que supuxo un incremento da posta no mercado, así coma do número de pneumáticos fóra de uso xerados, posibilitando a transformación destes residuos en recursos útiles e valiosos para a sociedade. E todo isto baixo os preceptos da Economía Circular e de sustentabilidade na utilización de materias primas.

Fonte e imaxe:  SIGNUS

17 Xan 2022

Galería