Idiomas

Sogama desenvolve talleres de reciclaxe destinados a escolares ferroláns

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Esta acción enmárcase no programa educativo “Recíclate con Sogama” 2021-2022, no que participan 24 colexios de toda Galicia, sendo dous deles de Ferrol: “Almirante Juan de Lángara y Huarte” e “San Xoán de Filgueira”.
  • As charlas e actividades xiraron en torno ao principio dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe), constituíndo estes o soporte da xestión responsable e circular dos residuos urbanos.
  • Para levar a cabo os seus proxectos, Sogama subministraou nos centros diversos medios materiais, tales como illas de reciclaxe e composteiros, así como outros didácticos e divulgativos.

Cerceda, a 19 de xaneiro de 2022.- Educadores de Sogama desprazáronse recentemente a Ferrol para levar a cabo sesións formativas sobre xestión sostible de residuos urbanos nos colexios “Almirante Juan de Lángara y Huarte” e “San Xoán de Filgueira”.

Esta acción enmárcase no programa “Recíclate con Sogama” 2021-2022, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, e no que participan, tras un proceso de selección, un total de 24 centros de distintos puntos de Galicia, incluíndo os dous de Ferrol referenciados.

Tras unha primeira visita de diagnóstico realizada a finais do pasado ano e a paréntese vacacional de Nadal, Sogama retomou este programa a fin de instruír aos participantes na xestión responsable dos residuos que producen cada día, incidindo na importancia de aplicar, de forma prioritaria, os tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar) para minimizar a cantidade de lixo xerado, alongar a vida útil dos produtos e propiciar a súa reciclaxe, unha vez convertidos en residuos, depositando cada tipoloxía no contedor correspondente.

Desta forma, e en plena sintonía co modelo de economía circular ao que a sociedade debe avanzar, propiciarase a súa transformación en materias primas coas que se fabricarán novos artigos, pero cun notable aforro no consumo de enerxía e recursos.

Mentres que o CEIP San Xoán de Filgueira participou en edicións anteriores deste programa co seu proxecto “Aforramos  ou  afogamos”, o CEIP “Almirante Juan de  Lángara y  Huarte” fainopor primeira vez cun proxecto que leva por título “ Ecoviaxe  co Almirante”.

OBXECTIVOS

A pretensión é que os colexios desenvolvan unha iniciativa na que estea presente o principio dos tres erres, e que a segregación de residuos sexa unha constante, integrándose plenamente nos hábitos diarios de escolares e docentes.

Para isto, Sogama subministrou aos centros illas de reciclaxe, conformadas por tres contedores (amarelo, azul e verde), con capacidade para 120 litros, nos que a comunidade educativa deberá depositar os refugallos separados por materiais. Así mesmo, tamén lles entregou un composteiro para un mellor aproveitamento da materia orgánica mediante a súa transformación en compost, un abono de alta calidade para a agricultura e xardinería.

Ademais de todo isto, os centros dispoñen de diferente material didáctico e divulgativo co que se pretende que os pequenos aprendan xogando e gozando, e que a reciclaxe se incorpore ás súas rutinas, tanto no colexio como no fogar e contorna social.

Saúdos, Departamento de Comunicación

19 Xan 2022

Galería