SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama participa na Sociedade creada para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos de Galicia

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • De natureza público-privada, cun maior peso desta última, o seu obxectivo é impulsar e desenvolver proxectos empresariais de índole estratéxica para a economía galega.
  • O fin último, no marco da crise da Covid-19, é establecer liñas orientadas cara á reconstrución dunha economía e unha sociedade máis resiliente, socialmente xusta e medioambientalmente sostible.
  • Sogama está representada nesta nova entidade cun 10%.

Cerceda, a 29 de abril de 2021.- Sogama decidiu participar, en calidade de socio, na nova Sociedade creada para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos de Galicia, S.L, cuxo obxectivo é impulsar e desenvolver proxectos empresariais de índole estratéxica para a economía galega.

Esta iniciativa emerxeu precisamente á luz do Programa europeo Next Generation, impulsor da xeración de propostas de carácter empresarial orientadas cara a sectores tales como a dixitalización, a descarbonización ou a circularidade, esenciais para avanzar na senda do desenvolvemento sostible, é dicir, aquel no que o crecemento económico, a protección ambiental e a cohesión social atópanse en perfecto equilibrio.

Preténdese así que proxectos tractores con gran potencial e con capacidade para impactar de forma relevante na economía da nosa comunidade, pero co risco de non ser materializados por diversas circunstancias, poidan ser canalizados co apoio desta Sociedade, encargada de facilitar os mecanismos axeitados para que obteñan o máximo rendemento e produtividade.

A crise derivada da Covid-19, con graves consecuencias no ámbito sanitario, económico e social, concíbese como unha oportunidade para propoñer liñas orientadas cara á reconstrución dunha economía e unha sociedade máis resiliente, socialmente xusta e medioambientalmente sostible.

A nova entidade ten natureza público-privada, sendo maioritaria a parte privada, e acolle ao sector público, financeiro e industrial, coa seguinte distribución:

  • Xunta de Galicia: 40%
  • Abanca: 38%
  • Reganosa: 12%
  • Sogama: 10%.

Saúdos, Departamento de Comunicación

29 Abr 2021

Galería