SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama repartiu máis de 3.100 composteiros na provincia de Ourense

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Unha pequena parte dos recipientes foron entregados de forma directa por parte desta empresa pública a 5 concellos e 12 centros educativos e, os restantes, distribuíronse entre 81 entes locais, en colaboración coa Diputación provincial.
  • En todos os casos impartiuse a correspondente formación a fin de que os usuarios conten cos coñecementos necesarios para elaborar un abono natural de alta calidade a partir dos restos orgánicos.

Cerceda, a 15 de setembro de 2020.- Sogama repartiu de forma gratuita máis de 3.100 composteiros na provincia de Ourense.

Unha pequena parte dos recipientes foron entregados de forma directa por parte da empresa pública a 5 concellos e 12 centros educativos, e o resto distribuíronse entre 81 entes locais adscritos ao programa de compostaxe doméstica que esta Sociedade leva a cabo en colaboración coa Deputación de Ourense.

Tanto nos concellos que forman parte do programa de autocompostaxe de Sogama coma nos adheridos ao promovido conxuntamente coa Deputación ourensá, impartiuse a correspondente formación a fin de que os usuarios conten cos coñecementos necesarios para elaborar un abono natural de alta calidade a partir dos restos orgánicos. Con isto, e máis aló das evidentes vantaxes ambientais que trae consigo esta iniciativa, poderán alcanzar interesantes beneficios económicos e sociais ao verse diminuída a cantidade de refugallos depositados no contedor verde convencional.

En todo caso, trátase de recuperar unha práctica tradicional no rural galego como é a separación dos residuos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost.

As familias que participan neste programa deben cumprir un dobre requisito: habitar en vivendas unifamilares e dispoñer de horta, xardín ou simplemente un pequeno terreo no que aplicar o compost resultante.

Os usuarios recibiron igualmente un manual didáctico de apoio no que se recolle toda a información sobre o programa e detállanse os pasos a seguir para que o abono obtido se axuste á normativa vixente e poida ser aplicado no solo con garantías e sen restricións.

Así mesmo, e para todos aqueles que queiran complementar os seus coñecementos neste ámbito, a empresa habilitou no seu momento un sitio web www.compostaconsogama.gal onde os internautas poden atopar recursos divulgativos en forma de manuais, videos, contidos online e xogos.

Saúdos, Departamento de Comunicación

15 Set 2020

Galería