Idiomas

A sostibilidade sitúase entre os 10 criterios de compra de xoguetes por parte das familias españolas

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Esta é unha das conclusións do estudo realizado por AIJU, e no que se analizou a percepción da sostibilidade neste ámbito por parte de consumidores  de Alemaña, España, Reino Unido, Francia e Italia
  • Para combater os problemas ambientais, os enquisados consideran que se debería educar aos nenos/as no consumo responsable, o fomento da reutilización e a reciclaxe, e a redución do consumo de plásticos

Cerceda, a 4 de novembro de 2022.-O 32% das familias afirma ter en conta a sostibilidade á hora de comprar un xoguete e o 44% considera que a oferta actual de xoguetes sostibles é baixa ou moi baixa.

Segundo sinalou o coordinador da área de Investigación Infantil en AIJU, Pablo Busó, se ben a sostibilidade é un dos 10 factores máis importantes, aspectos como calidade-prezo (62%), o valor educativo (56%), e a petición infantil (46%), continúan sendo os principais criterios de compra.

Esta é unha das conclusións do estudo realizado polo Instituto Tecnolóxico do produto infantil e de lecer–AIJU, con 2.800 familias con fillos/as de 0 a 12 anos e no que se analizou a percepción da sostibilidade no mundo do xoguete por parte dos consumidores de Alemaña, España, Reino Unido, Francia e Italia.

O estudo foi presentado xunto á 32ª edición da Guía AIJU 2022-2023 e no mesmo reflíctese que, para o 79% das familias enquisadas, un xoguete sostible está relacionado con que sexa facilmente reciclable, seguido de que estea fabricado con materiais reciclados e/ou naturais. O 75% asocia o xoguete sostible aos materiais de madeira e cartón, sinalando, ademais, que sexa duradeiro.

Os problemas ambientais que máis preocupan aos consumidores son, principalmente, a optimización do uso da enerxía (66%) e o cambio climático (57%). Para combatelos, consideran que as medidas que se deberían potenciar son educar aos nenos/as no consumo responsable (56%), fomentar a reciclaxe e a reutilización de produtos (53%) e reducir o consumo de plásticos (51%).

EDUCANDO EN VALORES

O xogo e os xoguetes son ferramentas de aprendizaxe que poden contribuír ao desenvolvemento de valores sociais e cívicos de forma sinxela e divertida desde a infancia.  Así, AIJU desenvolveu o Proxecto Childtizens II, cuxo obxectivo é fomentar, a través do xogo, a concienciación dos nenos e nenas en valores sociais relacionados coa sostibilidade. Para isto creouse un sistema de iconas que permiten identificar, de maneira visual e con facilidade, os xogos e xoguetes que contribúen a concienciar en valores positivos na infancia.

Fonte: Gestores de Residuos

Imaxe: Pexels

4 Nov 2022

Galería