SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Un proxecto para producir blísteres biodegradables gaña un concurso organizado polo PNUMA

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Trátase de “Ecoblist”, unha lámina de plástico creada a través de polímeros biodegradables con base en almidón de yuca, resistentes á calor e á humidade. 
  • A proposta foi presentada por oito estudantes da Universidade de Costa Rica ao concurso “Innovación para os estilos de vida sostibles”.

Cerceda, a 30 de outubro de 2020.- Un proxecto orientado a producir blísteres farmacéuticos biodegradables fíxose co primeiro premio do concurso “Innovación para os estilos de vida sostibles”, organizado polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) e o Tecnolóxico de Costa Rica (TEC) co apoio da Comisión Europea.

Trátase de “Ecoblist”, unha lámina de plástico creada a través de polímeros biodegradables con base en almidón de yuca, resistentes á calor e a humidade. 

A proposta, presentada por oito estudantes da Universidade de Costa Rica, pretende contribuír á redución da contaminación por plásticos desbotables. Os seus autores sosteñen que esta fórmula podería ter futuras aplicacións no deseño doutros envases plásticos descartables que supoñan un problema ambiental.

O equipo de “Ecoblist” recibirá unha dotación económica para executar o seu proxecto e participará nun campamento virtual organizado polo Centro de Emprendemento da Universidade dos Andes, en Colombia, onde expertos en ecoinnovación  axudarán aos gañadores a desenvolver as súas ideas.

O concurso, que busca estimular o desenvolvemento de iniciativas que favorezan o consumo e a produción sostibles, e alentar a mozos emprendedores a desenvolver ideas comerciais que contribúan á recuperación económica pos-COVID-19, forma parte do proxecto “Impulsando o Consumo Sostible en América Latina e o Caribe (ICSAL)”, un programa financiado pola Comisión Europea que traballa con gobernos, empresas e partes interesadas na implementación de políticas que aumenten a sostibilidade.

O segundo premio recaeu nun proxecto que promove o cultivo da yaca (Artocarpus heterophyllus) e a produción dos seus derivados para ser comercializados comou sustitutos da carne vermella. E o terceiro levouno unha proposta de reutilización de residuos de construción para a fabricación de concretos reciclados. Ambas iniciativas foron deseñadas por estudantes do TEC.

Fonte: ONU Medio Ambiente

Imaxe: Pixabay

30 Out 2020

Galería