Idiomas

A valorización enerxética da parte non reciclable, paso imprescindible na xestión sostible do lixo

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Así se recolle no barómetro de ecoprog (consultora especializada nos campos da tecnoloxía ambiental e enerxética) relativo á industria WtE 2021.
  • A través da enquisa, o sector foi identificado como un motor de innovación polo seu intenso traballo en solucións de captura de carbono e produción de hidróxeno.
  • A día de hoxe, ao redor de 2.500 plantas WtE están activas en todo o mundo e contan cunha capacidade para tratar ao redor de 420 millóns de toneladas de residuos anuais.

Cerceda, a 13 de decembro de 2021.- Do mesmo xeito que en anos anteriores, CEWEP (Confederación Europea de Empresas de Valorización Enerxética) apoiou a  ecoprog (consultora especializada nos campos da tecnoloxía ambiental e enerxética) na realización dunha enquisa relativa á industria WtE 2021 e alentou aos seus membros a participar activamente.

Os resultados lanzados polo barómetro evidencian que as plantas de WtE son moi necesarias para levar a cabo unha xestión sostible dos residuos, coa particularidade de que se identifica ao sector como un motor de innovación polo seu intenso traballo en solucións de captura de carbono e produción de hidróxeno.

O informe contempla unha previsión detallada e completa do desenvolvemento do mercado global por país ata 2030; un resumo de máis de 2.500 plantas de tratamento de residuos e de máis de 1.000 proxectos planificados en todo o mundo; unha análise das diferentes tecnoloxías de tratamento, así como unha descrición e cotas de mercado de todos os operadores e provedores de tecnoloxía importantes; unha explicación dos antecedentes e modos de funcionamento do tratamento térmico de residuos e unha descrición xeral dos factores do mercado, os custos e ingresos de investimento e operativos (con cálculos exemplares).

No estudo atópanse dispoñibles datos detallados sobre as plantas e proxectos relacionados, por exemplo, coa capacidade, o estado, o inicio de operación, a tecnoloxía, a limpeza dos gases de combustión, o fabricante e o operador da planta.

O mercado do tratamento térmico e a recuperación enerxética de residuos sólidos está a crecer continuamente. O aumento da cantidade de refugallos, a redución dos espazos nos vertedoiros e os estándares ecolóxicos máis altos estimulan este crecemento.

A día de hoxe, ao redor de 2.500 plantas WtE están activas en todo o mundo e contan cunha capacidade de tratamento de ao redor de 420 millóns de toneladas de residuos anuais. Estímase que preto de 3.000 plantas, cunha capacidade de máis de 650 millóns d  tpa, estarán operativas para 2030.

Fonte:  CEWEP

https://www.cewep.eu/wp-content/uploads/2021/12/Industry-Barometer-WtE-2...

13 Dec 2021

Galería