As nosas instalacións

Rede de infraestruturas de compostaxe industrial

A rede de plantas de compostaxe industrial estará conformada pola planta de biorresiduos de Cerceda (A Coruña), xa en funcionamento, e as futuras plantas de Cervo (Lugo), Vilanova de Arousa (Pontevedra) e Verín (Ourense)

Atópase localizada no recinto do vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa (Cerceda-A Coruña).

Conta cunha capacidade para procesar 15.000 toneladas anuais de materia orgánica e de producir entre 3.000 e 4.000 toneladas de compost de boa calidade.

Unha vez que os residuos orgánicos chegan á planta, sepáranse mecanicamente os elementos susceptibles de ser reciclados e introdúcese a fracción orgánica en pilas pechadas ás que se inxecta aire durante un período de entre 6 e 8 semanas, facilitando con isyo a súa fermentación e posterior transformación en “compost primario”.

Transcorrido este tempo, o material trasládase a outras pilas con volteo e axitación de aire, adentrándose na fase de maduración, que dura entre 6 e 10 semanas, dependendo de factores tales como a temperatura e a humidade.

O circuíto conclúe co afine final, onde se retiran elementos impropios, acondicionando tres tipos de produtos: o rexeitamento, que non é compost e que se valoriza material ou enerxeticamente; o compost de nivel 1, con estrutura grosa; e o compost de nivel óptimo, con estrutura fina, podendo utilizarse ambos como emenda orgánica con interesantes propiedades para a protección de solos agrícolas.
 

Planta de compostaje industrial de Cerceda
Preferencias de cookies