Programa
Compostaxe Doméstica
A compostaxe doméstica é o proceso de descomposición biolóxica da materia orgánica xerada no fogar, como son os restos de comida e podas, obtendo un produto final, o compost, que pode ser utilizado como acondicionador de chans en xardíns e hortos das vivendas que o elaboran.