- Promovido por CLUERGAL, terá lugar do 30 de setembro ao 2 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (Edificio CINC)
- O evento porá o foco en temáticas de plena actualidade tales como a enerxía, a industria, as cidades, a sostibilidade, a mobilidade, a innovación, o emprendemento e a dixitalización, configurándose como punto de encontro para os distintos actores ligados ás mesmas
- A asistencia ás sesións dos tres días é aberta e gratuíta
Cerceda, 16 de setembro de 2026.- Tras o éxito de edicións anteriores, e mantendo o mesmo modelo e esquema organizativo, os Energy Days 2026 xa están aquí. Configurado como evento de referencia para o sector enerxético, no mesmo abordaranse cuestións de gran interese nun momento no que a transición enerxética e a transformación dixital están a cambiar a nosa industria e cidades, e, polo tanto, a nosa sociedade.
Promovido por CLUERGAL (Clúster de Enerxías Renovables de Galicia), o congreso celebrarase do 30 de setembro ao 2 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (Edificio CINC) e porá o foco en temáticas que se atopan nun permanente estado de innovación e actualización, como son a enerxía, a industria, as cidades, a sostibilidade, a mobilidade, a innovación, o emprendemento e a dixitalización, e que, polo tanto, requiren un punto de encontro para os distintos actores que, de forma directa ou indirecta, interveñen nas mesmas.
Ademais dun interesante programa de relatorios, Energy Days contará cunha zona de exposicións destinada a mostrar as mellores solucións nos distintos ámbitos enerxéticos, permitindo a profesionais, empresas, administracións e público en xeral coñecelas de primeira man.
Cabe destacar o compoñente de networking que se fomentará a través de cafés, xantares, ceas e outras actividades co obxectivo de que o evento sexa tamén un espazo propicio para o intercambio de ideas e a creación de sinerxías.
Programa
A través dun ambicioso programa debullaranse os distintos contidos a abordar no Congreso. Así, na xornada do 30 de setembro, as sesións centraranse na transición enerxética e a industria, prestando especial atención ao almacenamento enerxético, a descarbonización e a eficiencia enerxética.
O 1 de outubro cobrará protagonismo a sostibilidade, a hibridación e o almacenamento enerxético a gran escala, así como a innovación no sector eléctrico, a mobilidade eléctrica, as Smart Cities e as comunidades enerxéticas. E xa o 2 de outubro, o peche desta edición virá da man da enerxía eólica.
A asistencia ás sesións dos tres días de evento é aberta e gratuíta.
Máis información en https://energydays.es/
Programa: https://energydays.es/informacion
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN | ASISTENTES
Saúdos, Departamento de Comunicación