- EIT RawMaterials liderará a nova iniciativa estratéxica, que acelerará o desenvolvemento dunha forza laboral preparada para o futuro, capacitando a Europa para fortalecer a súa innovación industrial, sostibilidade e liderado tecnolóxico
Cerceda, 13 de novembro de 2025.-A UE puxo en marcha a Academia Europea de Materiais Avanzados, un proxecto que liderará a comunidade de innovación EIT RawMaterials, apoiada polo Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT).
Esta iniciativa emblemática, enmarcada na estratexia Europea da Unión de Competencias, acelerará o desenvolvemento dunha forza laboral preparada para o futuro, capacitando a Europa para fortalecer a súa innovación industrial, sostibilidade e liderado en materiais avanzados. A Academia responde así á urxente demanda de talento cualificado en sectores de alta tecnoloxía como a enerxía, a mobilidade, a electrónica e a construción.
Dado que os materiais avanzados constitúen a base de cadeas de valor sostibles e resilientes, a Academia formará a 200.000 persoas de aquí a 2029, impulsando o desenvolvemento de novos talentos científicos, facilitando a aprendizaxe permanente e reducindo a crecente brecha de competencias no ecosistema de innovación de materiais
Bernd Schäfer, CEO e Director Xeral de EIT RawMaterials, afirmou que “A carreira polo liderado industrial europeo gañaranna os que innove con maior rapidez, deseñen de forma sostible e desenvolvan o talento a gran escala. Co lanzamento da Academia Europea de Materiais Avanzados, non só nos preparamos para o futuro, senón que o moldeamos”.
A nova institución ofrecerá un catálogo integral de programas de aprendizaxe modulares, multilingües e acreditados, cubrindo toda a cadea de valor dos materiais avanzados. O seu enfoque pedagóxico combina formación profesional, programas de reciclaxe e microcredenciais adaptadas a distintos perfís laborais.
Fonte e imaxe: EIT RawMaterials