
- Así se deu a coñecer polo Instituto de Investigación de Agricultura Orgánica FiBL e IFOAM-Organics International en Biofach, a feira líder mundial de alimentos ecolóxicos, que acolleu tamén a publicación do anuario estatístico The World of Organic Agriculture.
- Entre os datos contemplados no último informe de FiB, cabe destacar que as terras agrícolas dedicadas á produción ecolóxica aumentaron en 1,1 millóns de hectáreas.
Cerceda, a 15 de marzo de 2021.- A información actualizada sobre agricultura ecolóxica en todo o mundo foi presentada polo Instituto de Investigación de Agricultura Orgánica FiBL e IFOAM-Organics International en Biofach, a feira líder mundial de alimentos ecolóxicos, que acolleu tamén a publicación do anuario estatístico The World of Organic Agriculture na edición dixital (17 de febreiro de 2021).
Entre os datos contemplados no último informe de FiB, cabe destacar que as terras agrícolas dedicadas á produción ecolóxica aumentaron en 1,1 millóns de hectáreas (a nivel mundial, o 1,5% das terras agrícolas dedícanse á agricultura ecolóxica) e as vendas polo miúdo de alimentos ecolóxicos continuaron a crecer ata chegar aos 106.000 millóns de euros (finais de 2019).
Esta enquisa anual sobre agricultura ecolóxica en todo o mundo conta co apoio da Secretaría de Estado de Asuntos Económicos de Suíza (SECO), o Centro de Comercio Internacional (ITC), o Fondo de Sostibilidade de Coop Suíza e NürnbergMesse, os organizadores
Louise Luttikholt, Directora Executiva de IFOAM – Organics International, manifestou que “As estatísticas ecolóxicas mundiais demostraron ser útiles para os programas de cooperación internacional para o desenvolvemento e as estratexias de apoio para a agricultura e o mercado ecolóxico, e son cruciais para monitorear o impacto destas actividades. Esta publicación mostra o noso compromiso continuo coa transparencia no sector ecolóxico”.
Pola súa banda, Knut Schmidtke, Director de Investigación, Estensión e Innovación de FiBL Suíza, indicou que “O anuario é un reflexo sobresaliente do nivel de confianza que a xente de todo o mundo ten na agricultura ecolóxica e a súa importancia para a nutrición, o medio ambiente e o desenvolvemento sostible”.
Así mesmo, Helga Willer, quen está a cargo do anuario de FIBL, subliñou que a COVID-19 levou a un aumento significativo na demanda de produtos ecolóxicos en moitos países, pero tamén desafíos: “Esperamos ver o efecto da pandemia no desenvolvemento do sector cos datos de 2020, que estarán listos dentro dun ano”.
Fonte: Craega e FIBL
Imaxe: Pexels