- Co lema “Mobilidade para todas as persoas”, estenderase ata o vindeiro martes, día 22, sendo o seu obxectivo avanzar cara a unha mobilidade na que os sistemas de transporte sexan accesibles, inclusivos e adaptados a todos os grupos de idade, fomentando a equidade interxeracional
Cerceda, 16 de setembro de 2026.- Desde hoxe, e ata o vindeiro martes, 22 de setembro, celébrase unha nova edición da Semana Europea da Mobilidade, que este ano leva por lema “Movilidad para todas as persoas”, sendo o seu obxectivo garantir que toda a cidadanía, sen importar o seu nivel de ingresos, localización, idade, xénero ou capacidades, poida acceder a un transporte sostible e eficiente.
A cita invita á poboación para reflexionar sobre como a mobilidade para todos pode favorecer a equidade e a colaboración interxeracional, e propón imaxinar unha mobilidade na que os sistemas de transporte sexan accesibles, inclusivos e adaptados a todos os grupos de idade, tendo en conta que as necesidades varían substancialmente ao longo da vida. A colaboración e o aproveitamento das habilidades e os recursos de cada xeración poden facer que a mobilidade sexa máis inclusiva.
Nun momento crucial da historia, onde coexisten máis xeracións que nunca, a Comisión Europea busca fomentar a equidade interxeracional, tendo en conta a perspectiva das xeracións futuras. Neste contexto, adoptou a súa primeira estratexia ao respecto, promovendo unha visión a longo prazo na gobernanza e garantindo que os mozos teñan unha maior participación na formulación de políticas.
Fonte: https://mobilityweek.eu/home/
Saúdos, Departamento de Comunicación