
- Equipada con paneis informativos e atendida por monitoras especializadas, na mesma móstrase, dunha forma visual, lúdica e amena, os residuos depositar en cada contedor de recollida selectiva
- Os denominados “impropios”, é dicir, aqueles refugallos que acaban no recipiente equivocado, adquiren especial protagonismo nesta iniciativa, xa que a súa presenza dificulta ou impide a reciclaxe do resto dos materiais
- A primeira Tenente de Alcaldesa e Delegada de Medio Ambiente, Obras e Ecoloxía do Concello, Mali Méndez, visitou esta mañá a aula, xunto con escolares e veciños da localidade
Cervo, a 26 de xuño de 2025.- A nova campaña de educación ambiental promovida por Sogama baixo o título “Separa. Depende de ti”, chegou esta mañá ao Concello de Cervo (Lugo) co fin de instruír á veciñanza nas boas prácticas vinculadas á reciclaxe e os seus beneficios para o medio ambiente, a saúde e a calidade de vida.
A través dunha aula itinerante atendida por monitoras especializadas, explicouse aos transeúntes e visitantes como facer unha correcta segregación dos residuos en orixe e cal debe ser o contedor de destino para cada tipoloxía, xa que só así se poderá garantir unha reciclaxe de calidade. É por isto, que a iniciativa pon o foco nos denominados “impropios”, é dicir, aqueles refugallos que, por erro ou descoñecemento, acaban introducidos no contedor equivocado, limitando, e en moitos casos imposibilitando, a reciclaxe do resto dos materiais.
A fin de achegar atractivo e dinamismo á información proporcionada, a aula, que recibiu a visita da Tenente de Alcaldesa e Delegada de Medio Ambiente, Obras e Ecoloxía do Concello, Mali Méndez, está equipada con diferentes urnas, que representan as cores dos cinco contedores principais (amarelo, para envases de plástico, latas e briks; azul, para papel e cartón; iglú verde, para vidro; marrón, para materia orgánica; e gris, para fracción resto). Cada urna contén maioritariamente bólas do mesma cor do contedor ao que representa, así como algunhas de diferente cor. Os participantes deben identificar estas últimas e, concluído o itinerario polas cinco urnas, sométense a probas de coñecemento, podendo facerse con diferentes premios. En todo caso, a mensaxe a transmitir é que separar residuos é tan sinxelo como non mesturar cores.
A aula dispón tamén de paneis explicativos, coa particularidade de que os interesados poden reforzar a súa bagaxe a través da landing da campaña, onde atoparán folletos en liña e microvídeos https://www.sogama.gal/es/separa-depende-de-ti
Reciclar é aforrar
- Por cada tonelada de cartón reciclado, afórrase o equivalente á enerxía que necesita un fogar durante 6 meses.
- Reciclar 3 botellas de vidro aforra a enerxía que se precisa para cargar un teléfono móbil durante todo un ano.
- Son necesarios 500 anos para que unha botella de plástico se degrade na natureza.
- Por cada tonelada de briks reciclados pódese aforrar ata 1,5 toneladas de madeira.
Saúdos, Departamento de Comunicación