
- A visión da Asociación de Produtores Europeos de Aceiro para Embalaxes estará apoiada por accións en catro áreas crave, identificadas como críticas para evitar que os envases de aceiro acaben desperdiciados.
- A entidade considera que o ecodeseño apoiará a implementación exitosa das medidas previstas, o que axudará a garantir que todos os produtos que se colocan no mercado se poidan reciclar da maneira máis eficiente posible.
Cerceda, a 20 de marzo de 2021.- APEAL, a Asociación de Produtores Europeos de Aceiro para Embalaxes, anunciou a súa visión 2025 para a reciclaxe -Cero envases de aceiro ao vertedoiro-, como parte de Steel for Packaging Week, un evento virtual deseñado para mostrar o aceiro como material modelo para unha economía circular do século XXI.
A Visión 2025 estará apoiada por accións en catro áreas crave, identificadas pola Asociación como críticas para evitar que os envases de aceiro se desperdicien.
Alexis Van Maercke, secretario xeral de APEAL, manifestou que: “As catro áreas crave de acción incluirán un enfoque na optimización da recollida separada de refugallos, o establecemento dun estándar de calidade da chatarra, a recollida e clasificación de residuos de aceiro e o ecodeseño".
Tal e como ilustra o informe de reciclaxe de APEAL publicado en 2018, a recollida separada é a mellor maneira de garantir unha entrada de alta calidade nas operacións de reciclaxe. A organización tamén cre que o ecodeseño apoiará a implementación exitosa de todas estas medidas, o que axudará a garantir que todos os produtos que se colocan no mercado se poidan reciclar da maneira máis eficiente posible.
Tal e como indicou Van Maercke, “En última instancia, os envases de aceiro son un recurso valioso que non se pode desperdiciar si queremos alcanzar os obxectivos do Pacto Verde Europeo. APEAL continuará traballando cos seus colegas, a Comisión Europea, o Parlamento Europeo, os Estados membros e todas as partes interesadas para lograr unha ambición compartida dunha economía verdadeiramente circular”.
Un novo informe de APEAL, "Porque o aceiro se recicla para sempre: como recolectar, clasificar e reciclar aceiro para embalaxe", deseñado para axudar ás partes interesadas ao longo da cadea de valor a traballar en colaboración para lograr a Visión 2025, publicarase en decembro de 2021.
Ao mesmo tempo, a Asociación revelará un novo obxectivo de taxa de reciclaxe en liña coa nova metodoloxía de cálculo da UE.
Fonte e imaxe: APEAL