
- O obxectivo desta iniciativa piloto é incrementar os índices de recollida e posterior reciclado, de aparellos electrónicos de uso común nos fogares, como é o caso das tabletas, e dos que os cidadáns non se desprenden fácilmente.
- Tras seguir o protocolo establecido, o usuario recibirá uns eco-créditos calculados en base a distintos factores, tales como o estado do aparello. Estes poderán ser canxeados por descontos para a compra de novos aparellos electrónicos ou doados para un proxecto de reforestación.
- Esta experiencia, na que participa Recyclia, enmárcase no proxecto europeo CIRC4Life, cuxo obxectivo é estudar a viabilidade de novos modelos de negocio baseados na economía circular e, xa que logo, na optimización dos recursos.
Cerceda, a 11 de novembro de 2020.- A fin de incrementar os índices de recollida e posterior reciclado de aparellos electrónicos de uso común nos fogares, como é o caso das tabletas, e dos que os cidadáns non se desprenden fácilmente, púxose en marcha un proxecto piloto mediante o cal os consumidores terán á súa disposición contedores intelixentes nos que depositar estes materiais, recibindo unha recompensa.
Cabe indicar que o 56,8% dos fogares do noso país dispoñía de, alomenos, unha tableta en 2019, cifra que podería ter aumentado debido ao incremento de vendas rexistrado pola xeneralización do teletraballo e a educación a distancia derivada da crise sanitaria.
EXPERIENCIA PILOTO
Getxo acolleu en outubro unha proba preliminar na que once usuarios puideron interaccionar co contedor e a aplicación móbil a través da cal se xestiona a recepción dos incentivos, denominados eco-créditos. Este test levouse a cabo en outubro, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Residuos Electrónicos.
Para utilizar o contedor, o cidadán só ten que descargar a app que xera un código QR para identificarse. Unha vez identificado, debe indicar se o aparello que se dispón a depositar no recipiente funciona ou non. A continuación, o contedor imprime esta información nunha etiqueta que debe pegarse na caixa do dispositivo. O proceso finaliza coa entrega do mesmo a través da porta de vertido.
Unha vez xestionado o residuo en planta, o usuario recibirá, a través da app, os eco-créditos correspondentes e calculados en base a distintos factores, tales como o estado do aparello, poidendo ser canxeados por descontos para a compra de novos aparellos electrónicos ou doados para un proxecto de reforestación.
PROXECTO CIRC4LIFE
A recollida de aparellos TIC no País Vasco é unha das catro experiencias piloto integradas no proxecto europeo “CIRC4Life”, cuxo obxectivo é estudar a viabilidadr de novos modelos de negocio baseados na economía circular e, xa que logo, na optimización dos recursos.
Recyclia é o único sistema colectivo español que participa neste proxecto, financiado polo programa Horizonte 2020 e coordinado pola Universidade de Nottingham. En concreto, “CIRC4Life” conta coa participación de 17 entidades de oito países comunitarios, entre as que se inclúen universidades, centros de investigación, plantas de tratamento, sistemas colectivos, empresas privadas e ONGs.
Fonte e imaxe: FuturEnviro