- O obxectivo intégrase no eixo dedicado a residuos cero e redución de metano, dous ámbitos que a Presidencia considera vinculados á acción climática
- A Conferencia das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP31) celebrarase en Antalya (Turquía), do 9 ao 20 de novembro
Cerceda, 28 de setembro de 2026.- A Presidencia da COP31 incorporou a xestión de residuos á súa Axenda de Acción e expuxo un obxectivo específico para 2035: reducir á metade a taxa de crecemento da xeración mundial de residuos; unha proposta que forma parte dun conxunto de obxectivos orientados a acelerar a aplicación de medidas climáticas e trasladalas a actuacións concretas.
Este obxectivo intégrase no eixo dedicado a residuos cero e redución de metano, dous ámbitos que a Presidencia considera vinculados á acción climática, xa que a diminución do crecemento da xeración de residuos debe acompañarse de actuacións destinadas a reducir as emisións de metano.
Na folla de roteiro tamén se inclúe a transformación dos sistemas produtivos coa economía circular, figurando entre os seus obxectivos para 2035 elevar, alomenos ao 15%, a taxa mundial de utilización de materiais circulares. Esta formulación incorpórase a unha axenda máis ampla que inclúe obxectivos para a electrificación, as cidades resilientes, a seguridade alimentaria e a industrialización verde, sendo a súa pretensión favorecer que os compromisos climáticos existentes se traduzan en actuacións e proxectos.
A Conferencia das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP31) celebrarase en Antalya (Turquía), do 9 ao 20 de novembro de 2026, nun contexto en que o mundo está a loitar para facer fronte aos crecentes impactos da crise climática
A Presidencia da COP31 definiu este encontro como una “COP de Implementación” e unha “COP do Futuro”, guiada polos principios de diálogo, consenso e acción, e centrada en traducir os compromisos climáticos en avances tanxibles e monitoreables.
Fonte e imaxe: ONU