- Este traballo enmárcase no proxecto europeo BIOGEARS, que está liderado polo centro tecnolóxico Azti, sendo a súa pretensión contribuír a unha industria acuícola máis ecolóxica mediante a utilización de materiais sostibles.
Cerceda, a 12 de abril de 2021.- O proxecto BIOGEARS, financiado pola UE e liderado por centro tecnolóxico Azti, desenvolveu os seus primeiros prototipos de cordas de base biolóxica e biodegradables para a acuicultura en alta mar (que actualmente se fabrican ao 100% con plásticos non biodegradables), contribuíndo desta forma a unha industria acuícola máis ecolóxica.
O seguinte paso é probar o prototipo en ensaios de campo para a súa validación no mar. Con tal fin, identificáronse instalacións de proba en diferentes contornas mariñas, incluíndo condicións de alta enerxía en alta mar nun sistema de palangre; condicións de baixa enerxía nun sistema de balsa; e un sistema de acuicultura multitrófica integrada (IMTA).
Unha vez iniciadas as demostracións sobre o terreo, porase a proba e supervisarase alomenos dous ciclos de produción con cordas biolóxicas conforme ás mellores prácticas da acuicultura ecolóxica.
Estes prototipos de bioengranaxes e as probas piloto que levan a cabo no proxecto BIOGEARS pretenden reducir as actuais lagoas tecnolóxicas e ampliar o uso potencial de materiais sostibles no sector.
Os resultados do proxecto apoian a creación dunha cadea de valor de base biolóxica no marco da Estratexia de Bioeconomía da UE.
Fonte e imaxe: Residuos Profesional