- O sinal que chega desde o Pacífico é cada vez máis claro e a OMM asegura que “El Niño” estase a fortalecer rápidamente, prevendo que alcance a súa máxima intensidade cara a finais de ano, aínda que os seus efectos poden prolongarse durante meses
- O fenómeno non pode evitarse, pero moitos dos seus efectos poden anticiparse. Restaurar terras degradadas, ampliar a agroforestería ou facer máis sostibles a gandería e a acuicultura, constitúen medidas que axudar a producir alimentos de forma máis resistente, protexer a biodiversidade e reducir emisións
- En palabras da FAO, prepararse para “El Niño” é adaptación climática co reloxo correndo máis rápido
Cerceda, 7 de outubro de 2026.-“El Niño”, o fenómeno climático que se orixina a miles de quilómetros no Pacífico tropical, volveu a fortalecerse, con consecuencias sobre as choivas, a calor e a produción de alimentos en distintas rexións.
Pero, a diferenza de moitos desastres, este “anúnciase”. Os científicos poden seguir a súa evolución a medida que se desenvolve no Pacífico, dando tempo a actuar. O sinal que chega desde alí é cada vez máis claro e a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) asegura que “El Niño” estase a fortalecer rápidamente, prevendo que alcance a súa máxima intensidade cara a finais de ano, aínda que os seus efectos poden prolongarse durante meses.
A FAO leva eses pronósticos un paso máis aló. Grazas a máis de catro décadas de datos sobre como anteriores episodios fortes deste fenómeno afectaron á agricultura, pode cruzar o acontenido no pasado coas condicións actuais, os pronósticos estacionais e os niveis de inseguridade alimentaria.
Esa análise permite identificar con moita maior precisión onde pode golpear con máis forza e, sobre todo, onde e cando convén actuar primeiro. Nalgúns casos, os seus mapas chegan a unha escala aproximada dun quilómetro cadrado.
Entre as zonas que máis preocupan están África austral e o Sahel, o Corredor Seco de Centroamérica e partes de Asia meridional e sudoriental, onde aumenta o risco de seca agrícola. Noutros lugares, a ameaza pode chegar en forma de choivas intensas e inundacións, mentres que unhas augas excepcionalmente cálidas poden afectar á pesca e ás comunidades costeiras.
Adaptarse con medidas a curto e longo prazo
Prepararse pode ser sorprendentemente práctico: sementes resistentes á seca, mellor almacenamento e xestión da auga, solos máis sans, protección para o gando e alertas que cheguen aos agricultores con tempo suficiente para modificar as datas de sementa ou cambiar de cultivo.
Pero esas medidas non serven unicamente para superar o próximo “El Niño”, senón que son tamén parte do que a agricultura necesitará para facer fronte a un clima cada vez máis cálido e impredicible.
O fenómeno non pode evitarse, pero moitos dos seus efectos poden anticiparse. Restaurar terras degradadas, ampliar a agroforestería ou facer máis sostibles a gandería e a acuicultura, pode axudar a producir alimentos de forma máis resistente, protexer a biodiversidade e reducir emisións.
En palabras da FAO, prepararse para “El Niño” é adaptación climática co reloxo correndo máis rápido.
Fonte: FAO