
- A iniciativa, promovida polo presidente da Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo, Pascal Canfin, pretende apoiar e “implementar solucións orientadas a preparar as nosas economías para o mundo do mañá”.
- Advirten de que o COVID-19 "non fará que o cambio climático e a degradación da natureza desaparezan" e é por iso que a alianza "comprométese a participar na loita e a vitoria destas dúas batallas simultáneamente".
Cerceda, a 15 de abril de 2020.- No marco da crise do coronavirus, 180 líderes políticos, empresarios, sindicatos, ONGs e grupos de expertos uníronse para apoiar unha "alianza europea orientada cara a unha recuperación verde" coa pretensión de apoiar e “implementar solucións orientadas a preparar as nosas economías para o mundo do mañá".
Segundo informou onte o presidente da Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo e promotor deste proxecto, Pascal Canfin, a esta iniciativa sumáronse ministros de 11 países, 79 eurodiputados, 37 empresarios, 28 asociacións empresariais, a Confederación Europea de Sindicatos, 7 ONGs e os membros de 6 laboratorios de ideas.
Os firmantes comprométense a traballar pola "mobilización de paquetes de investimento verde" trala crise do COVID-19, definida como "o maior desafío que Europa enfrontou en tempos de paz, con consecuencias devastadoras e un shock para a economía máis difícil que a crise de 2008". A alianza traballará para “construír uns plans de recuperación e transformación que consagren a loita contra o cambio climático e a biodiversidade como un alicerce clave da estratexia económica".
Para esta nova alianza, a recuperación económica "só virá con investimentos masivos para protexer e crear empregos, que apoien a todasas empresas, rexións e sectores que sufriron a parada repentina da economía".
Non obstante, advirten de que o COVID-19 "non fará que o cambio climático e a degradación da natureza desaparezan". Neste sentido, a alianza "comprométese a participar na loita e a vitoria destas dúas batallas simultáneamente".