
• A actividade da entidade articúlase a través dunha rede distribuída por todo o territorio nacional, que o pasado ano superou os 2.300 puntos de recollida de RAEE e os 9.000 puntos de recollida de RPA
• En canto ao tratamento dos residuos, a organización continúa apostando por un modelo baseado na economía circular, priorizando a reincorporación de materiais valiosos ao ciclo produtivo e o reacondicionamento de dispositivos
Cerceda, a 10 de xuño de 2025.- European Recycling Plattform España (ERP) xestionou, durante o exercicio 2024, máis de 32.000 toneladas de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE) e máis de 3.800 toneladas de residuos de pilas e acumuladores (RPA), o que representa un incremento do 6% e do 12% respecto do ano anterior.
Desde o inicio das súas operacións en España, ERP xestionou máis de 506.000 toneladas de RAEE e máis de 36.000 toneladas de RPA, consolidando o seu papel de Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP) como un actor esencial na correcta xestión destes residuos e no cumprimento dos obxectivos a nivel nacional e europeo.
A actividade da entidade articúlase a través dunha estensa rede distribuída por todo o territorio nacional, que o pasado ano superou os 2.300 puntos de recollida de RAEE e os 9.000 puntos de recollida de RPA, facilitando o acceso á reciclaxe, tanto a produtores como á cidadanía, e garantindo un modelo de servizo sostible.
En canto ao tratamento dos residuos, ERP España continúa apostando por un modelo baseado na economía circular ao priorizar a reincorporación de materiais valiosos ao ciclo produtivo e o reacondicionamiento de dispositivos.
Reducir a xeración de residuos
“O noso compromiso vai máis aló da recollida de residuos; esténdese a programas que promoven activamente a reutilización, o reacondicionamento e a prolongación da vida útil dos produtos en colaboración con outros SCRAP e con diferentes entidades”, sinalou Laura Alonso, directora xeral de ERP España. Exemplo disto é Circular Place, un marketplace de carácter social que conecta a produtores con varias ONG e escolas de formación profesional para a doazón de excedentes de stock. Este ano, ERP España tamén lanzou unha nova edición de Dixitalización Sostible, orientada a reacondicionar dispositivos para doalos a colectivos con difícil acceso á tecnoloxía, reducindo así a fenda dixital.
A directora xeral de ERP destacou que o obxectivo non é só reciclar máis e mellor “senón xerar menos residuos desde a orixe”.
Fonte e imaxe: ERP