
- Visitaron o Complexo Medioambiental de Cerceda para coñecer a súa actividade industrial e a súa organización laboral, con profesionais de distintos ámbitos, aínda que predominando os de carácter técnico
- Entre directos e indirectos, a actividade desta empresa pública xera máis de 1.000 postos de traballo, ocupados nunha boa porcentaxe por veciños do propio Concello e arredores
Cerceda, 21 de outubro de 2025.- Más dun ceNTO de estudantes do IES Terra do Xallas, pertencente ao municipio de Santa Comba (A Coruña) realizaron unha visita a Sogama para coñecer en primeira persoa a súa operativa industrial e tamén a súa organización laboral.
Ademais de interesarse polas cantidades diarias de residuos que a compañía recibe no seu complexo ambiental de Cerceda e o tratamento ao que estes son sometidos para propiciar a súa recuperación, ben a través da reciclaxe ou ben mediante da recuperación enerxética da parte non reciclable, realizaron distintas consultas sobre o equipo humano que traballa nas instalacións que a empresa ten en toda Galicia (complexo industrial, entulleira controlada de apoio, rede de 37 plantas de transferencia e 4 plantas de compostaxe, ademais de toda a loxística que implica o transporte de residuos, tanto por estrada como por tren.
Dadas as múltiples e diversas tarefas a desempeñar nunha infraestrutura industrial desta magnitude, os perfís laborais son tamén moi variados, aínda que predominando os de carácter técnico: enxeñeiros/as industriais, químicos, de minas, ambientais, así como licenciados/as en Dereito, Económicas, Empresariais, Dirección e Administración de Empresas, Ciencias Ambientais,Comunicación e Ciencias da Educación, entre outros. Tamén titulados en FP (Grao Básico, Medio e Superior), especializados en química, laboratorio, saúde ambiental, secretariado de Alta Dirección, ademais de administrativos, auxiliares, oficiais, gruistas, peóns e un longo etcétera de postos, dadas as dimensións da compañía e as distintas funcións desempeñar para que opere como un todo perfectamente coordinado e preste un servizo público de máxima calidade.
Entre directos e indirectos, a actividade de Sogama xera máis de 1.000 postos de traballo, coa particularidade dunha boa porcentaxe pertence ao propio Concello de Cerceda e arredores.
Monitores especializados foron os encargados de explicar ao alumnado o labor de Sogama, que se complementou cunha visita virtual polas súas instalacións, para a que foron equipados con lentes inmersivas 360. A xornada culminou cunha serie de xogos, cos que tiveron a oportunidade de poñer a proba o aprendido, e un coloquio para consultas, observacións e comentarios.
Saúdos, Departamento de Comunicación