
- Trátase dunha cifra menor que a do anterior debido á extrema complexidade do pasado exercicio, marcado pola pandemia.
- En España desbótase anualmente un millón de toneladas de roupa pero apenas un 10% chega a mans dun xestor autorizado; o resto acaba en vertedoiros.
- Faise necesario aumentar a contenerización no espazo público para facilitar as donacións da cidadanía.
- Outro dos grandes obxectivos é que o sector conte cun sistema homoxéneo de información que permita coñecer de forma transparente canto residuo téxtil se recupera, se reutiliza, se recicla o se elimina en España.
Cerceda, a 4 de febreiro de 2021.- Humana recolleu 16.270 toneladas de téxtil usado en España durante 2020 para darlles unha segunda vida a través da súa reutilización ou reciclado. Trátase dunha cifra menor que a do exercicio precedente (17.573 toneladas), debido a que o pasado ano foi extremadamente complexo como consecuencia da pandemia.
É certo que a actividade de recollida mantívose en liñas xerais ao longo de todo o 2020, ata nas semanas de confinamento estrito da pasada primavera, dado que a recuperación de residuos é considerada un servizo esencial. Non obstante, a ralentización e/ou paralización da actividade económica a escala nacional e mundial supuxeron un auténtico crash no mercado global de roupa de segunda man.
O sector enfrontouse a unha tormenta case perfecta, ao ver conxelada a súa fonte habitual de recursos: a venda de roupa a través de tendas secondhand e a súa comercialización ao por maior nos mercados internacionais. No caso concreto de Humana, representou a pechadura, durante máis de dous meses, das plantas de preparación para a reutilización e da súa rede de tendas, o que desembocou nun ERTE para o 85% do persoal.
Malia todo isto, a organización proseguiu coa súa actividade, adaptada á nova realidade socioeconómica e sanitaria. Isto supuxo unha diminución do número de tendas Humana de moda sostible, que se sitúa a día de hoxe en 48. Se o contexto socioeconómico e sanitario mellora, as perspectivas para este ano son esperanzadoras.
UNHA XESTIÓN CON VISIÓN DE ECONOMÍA CIRCULAR
“Humana contribúe a facer máis sostible o sector da xestión de residuos cunha visión de economía circular”, asegura Elisabeth Molnar, directora xeral da Fundación, “xa que reintroduce as prendas na cadea de valor, xera recursos cun impacto social positivo, crea emprego verde e sostible, incide no ámbito local e promove a mellora das condicións de vida das comunidades máis desfavorecidas grazas aos programas de cooperación ao desenvolvemento”.
Molnar recorda que en 2025 todos os países da Unión Europea deberán ter establecida unha recollida separada para o residuo téxtil, “o que sen dúbida aumentará as baixas taxas de separación en orixe, que agora non superan o 10% en España”. “Desde Humana aplaudimos o labor dos municipios que promoven a recollifs selectiva de t´rxtil. Estamos ante unha oportunidade e un enorme reto para dar o impulso definitivo á xestión apropiada deste recurso, fieis á xerarquía de residuos e a un modelo económico circular no que prime a prevención e a reintrodución do téxtil na cadea produtiva, prolongando o seu ciclo de vida”. O horizonte 2025 e os obxectivos da UE en materia de residuo téxtil podería conducir ata o establecemento dun Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP), similar ao que funcionan para outras fraccións, como o papel ou o vidro.
RETOS PARA 2021
Nun contexto tan complexo como o actual, o obxectivo inminente da Fundación segue sendo contribuír á estabilidade do servizo de recollida de téxtil, adaptado á nova normalidade. E a partir de aí, continuar avanzando nas metas xa marcadas en anos precedentes, coa vista sempre en 2025. Para isto, é necesario aumentar a contenerización no espazo público para facilitar as donacións da cidadanía.
E é que en España desbótase anualmente un millón de toneladas de roupa (cada cidadán desfaise de entre 30 e 40 kg de téxtil ao ano, segundo datos da Axencia de Residuos de Cataluña e o Ministerio para a Transición Ecolóxica) pero apenas un 10% chega a mans dun xestor autorizado; o resto (900.000 toneladas) acaba en vertedoiros onde non se pode aproveitar de ningún xeito. “É fundamental elevar o número de puntos de recollida para incrementar estes rexistros, tendo en conta que a ratio actual de contedores por cada 1.000 habitantes está lonxe de ser o apropiado”, afirma Elisabeth Molnar.
Outro dos grandes obxectivos é que o sector conte cun sistema homoxéneo de información que permita coñecer de forma transparente canto residuo téxtil se recupera, se reutiliza, se recicla ou se elimina en España. “A transparencia na trazabilidade en toda a cadea de valor e visibilizar os destinos dos distintos fluxos de residuos é fundamental”, defende a directora xeral de Humana, “a existencia de indicadores fiables é clave para o funcionamento e a credibilidade do sistema, así como para dar confianza á cidadanía”.
Ademais, a Fundación pretende seguir afondando no factor social da xestión do téxtil, incidendo na importancia de potenciar o devandito factor nos pregos de contratación pública deste servizo.
Fonte e imaxe: Fundación Humana