
- O 1º AEVERSU Summit celebrouse en Madrid e contou co apoio de ACCIONA, FCC, PAPREC, PREZERO, SUEZ, URBASER, VALORIZA, VALTALIA e VEOLIA, en calidade de patrocinadores Ouro, así como de KANADEVIA INOVA, como patrocinador prata, e MAGALDI, como colaborador
- Durante o encontro, AEVERSU presentou o ‘Manifesto en Defensa do Papel que a Valorización Enerxética Desempeña na Economía Circular’
- A primeira edición do AEVERSU Summit serviu como punto de encontro do sector da valorización enerxética, así como de escaparate para as tecnoloxías que marcarán a evolución do sector e a xestión de residuos
Cerceda, a 12 de maio de 2025.- A Asociación Española de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos (AEVERSU) celebrou o 1º AEVERSU SUMMIT: Encontro Global de Valorización Enerxética. Esta xornada, que reuniu ás voces máis relevantes do sector, estivo marcada pola presentación do ‘Manifesto en Defensa do Papel que a Valorización Enerxética Desempeña na Economía Circular’.
Este manifesto, desenvolvido por AEVERSU, ten o propósito de poñer en valor o rol da valorización enerxética dentro das políticas de xestión de residuos, dado o seu importante papel para a consecución dos obxectivos ambientais europeos, nacionais e autonómicos. Desta maneira, as empresas que asinaron este manifesto solicitan o recoñecemento oficial do papel estratéxico da valorización enerxética conforme á xerarquía europea de residuos, a integración da valorización enerxética dentro das estratexias nacionais e autonómicas de xestión de residuos, a suspensión temporal do imposto á valorización enerxética, a implementación de políticas fiscais disuasorias do destino a vertedoiro e o desenvolvemento dun marco regulatorio estable que favoreza o investimento en novas plantas de valorización enerxética e a modernización das xa existentes.
Tal e como explicou Joaquín Pérez Viota, presidente de AEVERSU: “É imprescindible que se leve a cabo a suspensión do imposto á valorización enerxética durante o tempo necesario para poder dotarnos da infraestrutura suficiente e dar resposta á necesidade de enerxía, que actualmente se está desperdiciando con miles de residuos que acaban refugados. A valorización debe verse como colaboradora necesaria para a transición cara a unha economía circular”.
Pola súa banda, Ela Stengler, CEO de CEWEP, explicou que “Se fixésemos un bo traballo evitando a vertedura de residuos que poden ser reciclados ou utilizados para a recuperación enerxética, poderiamos aforrar moitas emisións de gases de efecto invernadoiro e de maneira moi eficiente. Un estudo estimou que se poderían aforrar ata 300 millóns de toneladas de CO2 por ano, o que equivale aproximadamente ás emisións totais de España en 2022. A valorización é un instrumento necesario se queremos conseguir desviar masivamente os residuos dos vertedoiros”.
Pola súa banda, Belén Vázquez de Quevedo, secretaria xeral de AEVERSU, destacou “o papel de unidade e cooperación que subxace nos aspectos fundacionais da asociación e que, grazas a eventos como este, amplíanse con grandes colaboradores, patrocinadores e compañeiros”. Así mesmo, terminou avogando pola “unidade das tecnoloxías, para avanzar na sostibilidade do noso modelo de xestión”.
Un encontro global para o sector da valorización enerxética
Na súa primeira edición, o AEVERSU Summit contou coa participación de entidades públicas, administracións autonómicas, operadores líderes na xestión de residuos, enxeñarías especializadas, empresas tecnolóxicas e representantes da industria, os cales achegaron a súa visión e experiencia sobre os retos e oportunidades da valorización enerxética en España e Europa, así coma o seu papel na economía circular.
En concreto, na primeira mesa redonda, púxose en valor o rol da valorización enerxética nos avances cara á economía circular. Baixo o nome “O papel da Valorización Enerxética na xestión sostible dos residuos municipais”, esta mesa foi moderada por Cristina Rico, Xerente de Centre de Tractament de Residus d’Andorra, e contou coa participación de José Ignacio Asensio Bazterra, Deputado Foral de Sostibilidade na Deputación Foral de Gipuzkoa; Carles Salesa, Director en Consorci Residus Maresme; Rafael Guinea, Director Xeral de Tratamento de Urbaser; e Javier Peiro, Global Head of Waste to Energy de FCC.
Posteriormente, celebrouse outra mesa denominada “Como incorporar a Valorización Enerxética nun plan de xestión de residuos e non morrer no intento. Folla de Roteiro. Retos políticos e sociais”. Baixo a moderación de Paz Orviz, Xerente de Cogersa, esta mesa redonda contou coa participación de Jorge Blanco, Director Xeral de Calidade e Educación Ambiental na Conselleria de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio da Generalitat Valenciana; Angel Pablo Montañés, Director Xeral de Transición Ecolóxica e Loita contra o Cambio Climático do Goberno de Canarias; Rafael Sánchez, Director de Residuos e Plásticos de Veolia; e José Luis Salegui, Director Xeral Sur de Valoriza.
Doutra banda, a terceira mesa redonda centrouse na “Xestión económica da Valorización Enerxética. Saen as contas?”. Esta mesa foi moderada por Mikel Huizi, Director Xeral de Zabalgarbi, e estivo formada por Javier Domínguez, Presidente Executivo de Sogama; María José Delgado Alfaro; Directora Xeral do Parque Tecnolóxico de Valdemingómez; Sonia Muiña, Directora Xeral de Servizos Industriais de Valtalia Investments; e Sergio Cabellos, Director de Negocio de PreZero.
A última das mesas redondas, baixo o nome “Futuro do sector da Valorización Enerxética: perspectivas de avances técnicos”, contou coa moderación de Belén Vázquez-Quevedo, Secretaria Xeral de Aeversu. Esta mesa estivo conformada por Alberto Orío, Subdirector de Control Ambiental da Dirección Xeral do Parque Tecnolóxico de Valdemingómez; Paul Bourdillon, Director Xeral de SUEZ Europa & Asia Central; Eduardo Arsuaga, Director Business Development – Industrial de Acciona; e Désiré Bendahan, International Development Director de Groupe Paprec.
Ademais destas mesas de análises, a xornada estivo marcada polas cápsulas de innovación, nas que se expuxeron algúns casos de éxito do sector que demostran a importancia da innovación para o impulso da valorización enerxética. Estas cápsulas estiveron a cargo de Jakub Bator, Member of the Management Board of Krakowski Holding Komunalny; e Fernando Leite, Administrador Delegado de LIPOR. Por último, Agustín Pérez-Torres, arquitecto e socio de BIG, foi o encargado de mostrar, nunha inspiradora sesión, os exemplos da disrupción aplicada á industria da valorización enerxética.
Dentro do marco do Summit, celebrouse tamén AEVERSU TECH, un espazo de diálogo tecnolóxico onde as principais empresas do sector puideron compartir os seus últimos avances e mostrar algunhas das tecnoloxías que están a marcar a evolución da industria da valorización enerxética e a xestión de residuos nos próximos anos.
Esta primeira edición do AEVERSU SUMMIT contou co respaldo de 11 patrocinadores, incluíndo ACCIONA, FFC, PAPREC, PREZERO, SUEZ, URBASER, VALORIZA, VALTALIA e VEOLIA (patrocinadores Ouro); KANADEVIA INOVA (patrocinador prata); e MAGALDI (colaborador).
Fonte e imaxe: Aeversu