- O encontro, que reunirá ás voces máis relevantes do sector, celebrarase o vindeiro luns, 16 de novembro, no Hotel RIU Praza España de Madrid
- A intervención da directora xeral de Sogama terá lugar no marco da conversa “Do armario á fibra”, onde compartirá protagonismo co tamén galego Juan Ramón Meléndez, director xeneral de Re-Viste, e a xornalista especializada en sostibilidade, Ana de Santos
Cerceda, 12 de novembro de 2026.- A directora xeral de Sogama, Mirta Sueiro, participará o vindeiro luns, 16 de novembro, en Madrid (Hotel RIU Plaza España) no Ágora de The Experience by SFW, o foro de sostibilidade de Sustainable Fashion Way que, baixo o lema «Demostralo. Do contar ao probar: a nova conversa do retail», celebra a súa primeira edición dentro do Retail Masters Summit.
O encontro, que reunirá ás voces máis relevantes do sector, é dicir, ás principais cadeas, marcas e operadores do retail español e, máis concretamente, ás empresas obrigadas a financiar a xestión do residuo téxtil coa responsabilidade ampliada do produtor, ten como obxectivo prioritario, tal e como manifestou a organización, que a moda e o retail deixen de contar o que fan e empecen a probalo.
Concretamente, a intervención de Sueiro Costoya terá lugar no marco da conversa “Do armario á fibra”, onde compartirá protagonismo co tamén galego Juan Ramón Meléndez, director xeral de Re-Viste, e Ana Santos, xornalista especializada en sostibilidade.
Alí, a directora xeral de Sogama explicará os pormenores da nova planta de clasificación de residuos téxtiles, a primeira en España das súa tipoloxía, e que representará todo un fito para o sector dos residuos, tanto a nivel autonómico como nacional, xa que integra tres factores que lle achegan un carácter diferenciador: infraestrutura pública, tecnoloxías de última xeración e emprego inclusivo.
Saúdos, Departamento de Comunicación