
- A CE aproba unha metodoloxía harmonizada que entrará en vigor o próximo 24 de xullo, clave para avanzar cara a unha economía circular das baterías
- As novas normas buscan garantir que os materiais críticos e estratéxicos contidos nestes dispositivos permanezan no circuíto económico durante máis tempo, reducindo residuos e fomentando unha industria resiliente e competitiva
Cerceda, a 14 de xullo de 2025.- A Comisión Europea publicou novas regras para calcular e verificar a eficiencia da reciclaxe e a recuperación de materiais procedentes de baterías fóra de uso, un paso fundamental para impulsar a economía circular, reforzar a autonomía estratéxica da UE e avanzar cara á neutralidade climática en 2050.
As baterías xogan un papel crave na transición verde, tanto na mobilidade sostible coma no almacenamento enerxético. As novas normas buscan garantir que os materiais críticos e estratéxicos contidos nestes dispositivos permanezan no circuíto económico durante máis tempo, reducindo residuos e fomentando unha industria resiliente e competitiva.
O novo regulamento establece directrices claras e uniformes para calcular a eficiencia dos recicladores en función do tipo de batería (chumbo-acedo, níquel-cadmio, litio e outras). Tamén regula o proceso para medir a recuperación de materias primas clave coma cobalto, cobre, níquel, litio e chumbo.
Ademais, introdúcese un formato harmonizado de documentación que os recicladores deberán remitir ás autoridades nacionais, facilitando a supervisión e evitando distorsiones de competencia no mercado de materias primas secundarias.
As novas regras aplicaranse a partir do próximo 24 de xullo, en cumprimento do mandato do Regulamento de Baterías. O anexo XII desta norma fixa obxectivos mínimos de eficiencia para os recicladores que deberán alcanzarse antes do 31 de decembro de 2025:
- 75 % para baterías de chumbo-acedo
- 65 % para baterías de litio
- 80 % para baterías de níquel-cadmio
- 50 % para outros tipos de baterías
En canto á recuperación de materiais específicos, os obxectivos fixados para o 31 de decembro de 2027 son do 90 % para cobalto, cobre, chumbo e níquel, e do 50 % para litio. Estes elevaranse en 2031 ata o 95 % para os catro primeiros e o 80 % para o litio.
Fonte: Comisión Europea
Imaxe: Freepik