Idiomas

Novo curso 'Claves para incorporar a variable Sostibilidade ao desenvolvemento do packaging'

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Promovido por ISM, en colaboración con TheCircularCampus, celebrarase, vía online, do 2 de febreiro ao 3 de marzo, sendo gratuíto para as empresas que forman parte de Ecoembes
  • Dotado con 40 prazas, consta de 30 horas lectivas, das cales 10 horas destínanse a formación presencial en remoto, que poden seguirse en streaming e de maneira participativa, ou ben con posterioridade, en modo asíncrono

Cerceda, a 24 de xaneiro de 2022.- Tras o éxito da primeira convocatoria, na que participaron 40 empresas, ISM, en colaboración con TheCircularCampus (o campus de formación sobre economía circular de Ecoembes), lanza a segunda edición do curso 'Claves para incorporar a variable Sustentabilidade ao desenvolvemento do  packaging', co obxectivo de responder as necesidades formativas daqueles profesionais vinculados ao mundo do envase.

Esta formación impártese vía online, en aberto e é gratuíta para as empresas que forman parte de Ecoembes (é dicir, as que poñen envases domésticos de plástico, metal, cartón, papel ou tipo brik no mercado).

CARACTERÍSTICAS

Cun carácter eminentemente práctico, este curso está dirixido a perfís  decisores e transversais que requiren os coñecementos esenciais para a toma de decisións e para a comunicación das políticas de sustentabilidade, incorporando ademais as novidades lexislativas en materia de envases.

Do mesmo xeito, a formación ten outros obxectivos como  facilitar unha visión clara sobre as ferramentas e recursos a considerar á hora de definir e comunicar a política de sustentabilidade; identificar e coñecer medidas ambientais, sociais e económicas que as empresas poden poñer en marcha á hora de desenvolver a súa propia estratexia de sustentabilidade no ámbito do  packaging; coñecer as principais variables que condicionan a sustentabilidade en empresas que comercializan e poñen no mercado produtos envasados; identificar áreas foco e prioridades de actuación en materia ambiental: neutralidade en carbono, pegada hídrica e economía circular…

O curso, para o que se abriron 40 prazas, consta de 30 horas lectivas, 10 horas de formación presencial en remoto que poden seguirse en streaming e de maneira participativa, ou ben con posterioridade, en modo asíncrono, en función das necesidades do alumno.

Os profesionais interesados en realizar esta formación poden inscribirse na web de ISM e en TheCircularCampus. 

Tanto o profesorado como os profesionais do campo da empresa e a consultoría, contan coa especialización necesaria para dar a coñecer os novos requisitos legais de aplicación froito da inminente transposición de directivas europeas no ámbito do envase e a súa consideración futura como residuo, así como daquelas claves prácticas para establecer indicadores na elaboración de memorias de sustentabilidade e a súa relación cos Estados de Información Non Financeira.

Fonte:  Retema

Imaxe: Ecoembes

24 Xan 2022

Galería