- Promovido pola Fundación Fórum Ambiental e contando coa colaboración de Esgrem, celebrarase mañá, 21 de outubro en Madrid
- Expertos, altos cargos institucionais e representantes empresariais falarán e debaterán, entre outras temáticas, sobre a industria de cero emisións netas, a contribución da fracción resto aos obxectivos de reciclaxe, así como a valorización do CSR e biorresiduos presentes na mesma
Cerceda, 20 de outubro de 2026.- O 1º Fórum Innotech, promovido pola Fundación Fórum Ambiental, coa colaboración de Esgrem (Entes Supramunicipais para a Xestión de Residuos Municipais), abordará mañá, 21 de outubro, en Madrid, o papel das tecnoloxías estratéxicas e a innovación na industria da xestión dos residuos.
Logo do acto de benvida á xornada, que correrá a cargo de Leandro Barquin Clopés, director da Fundación Fórum Ambiental, e a presentación que realizarán a directora de Cogersa, Paz Orviz Ibáñez, e o CEO de Cadeva, Carles Salesa Mirabet, será o director xeral de Estratexia Industrial e da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria e Turismo, Miguel Gómez-Pavón López, o encargado de expoñer os pormenores da industria de cero emisións netas. Con tal fin, abundará nas tecnoloxías estratéxicas para a produción de materiais e combustibles reciclados, e deterase en explicar como podemos aproveitar ao máximo as oportunidades dos fondos europeos de competitividade.
Así mesmo, representantes de Ecoembes, Acteco, Paprec e Valoriza, intervirán nunha mesa redonda na que se debaterá sobre a contribución da fracción resto aos obxectivos de reciclaxe.
Pola súa banda, portavoces da área Metropolitana de Barcelona, do Parque Tecnolóxico de Valdemingóméz (pertencente ao Concello de Madrid), e de Limpeza de Málaga SAM, darán a coñecer o seu posicionamento ao redor das liñas mestras de actuación na xestión de residuos municipais e o cumprimento de obxectivos conforme ás políticas estatais e europeas.
A reciclaxe e a valorización do CSR e biorresiduos presentes na fracción resto constituirá outra das temáticas a analizar, neste caso por parte do director de Residuos Municipais de Veolia, Álvaro Dorao Madruga; o director de Competencia Tecnolóxica de Urbaser, Alberto Reneo Tardon; a xefa de Proxectos e Estratexia de PreZero, Ruth Rivero Sainz-Pardo; e o director do Departamento de Tratamento de Residuos de FCC Medio Ambiente, Javier Cerezo Ortega.
O peche do evento virá da man da subdirectora xeral de Residuos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Margarita Ruiz Saiz-Aja, e do director da Axencia de Residuos de Catalunya, Albert Planell Saurí, os cales, en formato “Diálogo”, falarán das políticas públicas para impulsar a recuperación de materiais, a valorización da fracción resto e a economía circular
Más información en https://www.forumambiental.org/es/i-forum-innotech/
Fonte: Fórum Ambiental