- Estudantes de 2º de Bacharelato visitaron o Complexo Medioambiental de Cerceda, onde puideron ver, a través dun itinerario virtual 360º, a operativa das distintas plantas polas que discorren os residuos para ser tratados
Cerceda, a 7 de xaneiro de 2025.- Estudantes de 2º de Bacharelato do IES Concepción Arenal de Ferrol visitaron o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda para complementar e reforzar os seus coñecementos en materia de sostibilidade, que están a traballar na asignatura de Xeografía e Historia, demostrando con isto o carácter transversal que ten o medio ambiente na programación curricular, con cabida en todas as áreas de estudo.
Con explicacións técnicas adaptadas ao seu nivel educativo, puideron ver, a través dun percorrido virtual en 360º, a operativa que se leva a cabo en todas e cada unha das plantas que conforman o Complexo industrial e polas que cada día discorren entre 2 e 3 millóns de quilos de residuos para recibir tratamento, separando a parte que pode ser reciclada para enviar aos centros recicladores e convertendo en enerxía eléctrica a parte non reciclable.
Así mesmo, tiveron a oportunidade de contrastar o apreso a través dos xogos Arcade, onde puxeron a proba a súa bagaxe na reciclaxe, así como as súas habilidades motoras, atención e axilidade mental.
Ademais de ESO e Bacharelato, a oferta formativa do centro ferrolán inclúe ciclos de FP de grao medio, superior e dual. En concreto, o ciclo medio de operacións de Laboratorio e ciclo superior de Química e Saúde Ambiental.
Saúdos, Departamento de Comunicación