
- residuos procedentes dos fondos mariños e augas próximas aos portos de Marín, en Galicia; a Restinga, na illa do Ferro; e Gandía, en Valencia.
- Na terceira anualidade preténdese aplicar tecnoloxías de reciclado químico, como é o caso da pirólise, e analizar a instalación de plantas nos propios portos para a obtención dun combustible que poidan utilizar posteriormente as embarcacións pesqueras, o que constituiría un magnífico exemplo de economía circular.
Cerceda, a 30 de marzo de 2020.- O proxecto RepescaPlas conseguiu recoller, no seu segundo ano de vixencia, 5.000 quilos de lixo procedentes dos fondos mariños e augas próximas aos portos de Marín, en Galicia; a Restinga, na illa do Ferro; e Gandía, en Valencia.
A través da plataforma MARNOBA, caracterizáronse, por tipoloxías, os obxectos recuperados e xeolocalizáronse as zonas de recuperación dos residuos por parte dos pescadores. Con esta información tratarase de definir un mapa de densidades do lixo mariñosnos fondos estudados.
Paralelamente, desenvolveuse un estudo ecotoxicolóxico con distintos tipos de refugallos, pero os resultados non detectaron niveis de toxicidade elevados para ningún dos organismos mariños utilizados en contacto con eses residuos.
Así mesmo, o lixo mariño recuperado valorizouse a través da fabricación dun composteiro a partir do polietileno de baixa densidade obtido, nunha proporción dun 50%, entre material reciclado e os refugallos mariños retirados, mentres que co PET elaboráronse unhas pezas de merchandising para a difusión do proxecto, producidas tamén cunha mestura de material procedente do lixo mariño retirado e material reciclado.
Na terceira anualidade desta iniciativa preténdese optimizar o reciclado mecánico dos residuos recuperados e elevar así a porcentaxe de lixo mariño que se poida incorporar aos produtos finais.
Outro dos obxectivos de RepescaPlas é dar un paso máis e aplicar tecnoloxías de reciclado químico, como é o caso da pirólise, a fin de obter novos produtos que poidan ser empregados polas propias cofradías. Analizarase así a instalación de plantas nos propios portos para a obtención dun combustible que poidan utilizar posteriormente as embarcacións pesquieras, o que constituiría un magnífico exemplo de economía circular.
O Proxecto RepescaPlas, no que participan AIMPLAS, Asociación Vertidos Cero, a Cofradía de Pescadores de Gandía, a Cofradía de Pescadores da Restinga, Fundación Global Nature, Fundación Valenciaport, Autoridade Portuaria de Marín e Universidade de Vigo, desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidade, a través do Programa pleamar, cofinanciado polo FEMP.
Fonte e imaxe: Asociación Vertidos Cero