
- No evento déronse cita 300 representantes de 26 países, a maior asistencia na historia deste encontro
- Esta participación récord constitúe, a xuízo do presidente de CEWEP, Paul De Bruycker, “un claro sinal de que a valorización enerxética de residuos está a obter o recoñecemento que merece como actor crave na transición de Europa cara a unha economía circular e climáticamente neutra”
Cerceda, ao 16 de xuño de 2025.-O xefe de Control Técnico e Económico, Calidade e Medioambiente de Sogama, Pedro Alcázar Arévalo, xunto con outros membros de Aeversu (Asociación de Empresas de Valorización Enerxética á que pertence Sogama), asistiu recentemente ao 11º Congreso de CEWEP (Confederación Europea de Plantas de Valorización Enerxética) celebrado en Gdańsk (Polonia), onde se deron cita 300 representantes de 26 países, a maior asistencia na historia deste encontro.
Tal e como declarou Paul De Bruycker, presidente de CEWEP, “A participación récord no Congreso deste ano é un claro sinal de que a valorización enerxética de residuos está a obter o recoñecemento que merece como actor crave na transición de Europa cara a unha economía circular e climáticamente neutra”, ao que engadiu “Reunir a un grupo tan diverso de expertos e partes interesadas permítenos manter debates enriquecedores e con visión de futuro que impulsarán a innovación e a harmonización de políticas do sector nos próximos anos”.
Durante a primeira xornada do Congreso, debatiuse sobre a aplicación da normativa europea en materia de residuos, as estratexias de descarbonización do sector, os novos fluxos de residuos e como comunicar mellor o papel da valorización enerxética na economía circular.
O segundo día do evento, realizouse unha visita á recentemente inaugurada planta de WtE de Port Czystej Energii, exemplo de innovación, eficiencia e compromiso coa contorna.
Ademais de ofrecer aos asistentes unha visión completa dos últimos avances en tecnoloxía e políticas de WtE, o Congreso de CEWEP deste ano brindou valiosas oportunidades de establecer contactos e fomentou a colaboración entre as partes interesadas comprometidas coa xestión sostible de residuos e a recuperación de enerxía.
Saúdos, Departamento de Comunicación