- Educadores de Sogama impartiron sesións formativas e lúdicas nas dúas escolas da localidade, ás que tamén se sumaron familiares do alumnado para propiciar que o apreso nas aulas teña continuidade nos fogares
Cerceda, 26 de novembro de 2026.- En días pasados, educadores de Sogama impartiron sesións formativas e lúdicas nas dúas escolas do municipio coruñés de Paderne (Viñas e Areas) para axudar aos pequenos a incrementar os seus coñecementos ao redor da reciclaxe.
As actividades mesmo contaron coa participación de familiares dos escolares, que se mostraron moi interesados en complementar e reforzar a súa bagaxe neste ámbito a fin de que las boas prácticas adquiridas nas aulas tivesen continuidade nos propios fogares. De aí que aproveitasen esta oportunidade para trasladar distintas preguntas e consultar dúbidas ao redor do sistema de recollida selectiva de residuos e do depósito concreto de determinados materiais coma o vidro, ceras ou lapis fóra de uso.
Malia a curta idade do alumnado, este transmitiu todo o que facían na escola para traballar o principio dos 3R (Redución, Reutilización e Reciclaxe), destacando a utilización de obxectos fóra de uso para facer manualidades e darlles unha nova vida.
Un dos centros ten previsto montar un horta e iniciarse na autocompostaxe, para o que solicitou asesoramento e recursos.
Saúdos, Departamento de Comunicación