
- Esta é unha das principais conclusións do debate online que a Asociación Europea de Xestión de Residuos (FEAD) celebrou recentemente para abordar o papel da Presidencia alemá da CE e os seus obxectivos en materia de economía circular.
- Fomentar o ecodeseño dos produtos e a reciclaxe, e impulsar un mercado competitivo de materias primas recicladas, resultan tamén claves segundo varios expertos europeos reunidos nesta xornada, promovida por FEAD.
Cerceda, a 16 de novembro de 2020.- A Asociación europea de Xestión de Residuos (FEAD) celebrou a semana pasada un debate online sobre o papel da Presidencia alemá da CE e os seus obxectivos en materia de economía circular.
Ao coloquio, iniciado polo Presidente de FEAD, Peter Kurth, uníronse o Dr. Christoph Epping, do Ministerio Federal Alemán de Medio Ambiente; William Neale, da Comisión Europea; o deputado europeo Jan Huitema, relator do Plan de Acción para a Economía Circular; a deputada europea Sirpa Pietikainen, relatora alternativa do PPE sobre o mesmo tema, e Stéphane Arditi, da Oficina Europea de Medio Ambiente (EEB).
As intervencións xiraron en torno a catro cuestións clave de interese para o Plan de Acción de Economía Circular, figurando, entre as súas principais conclusións, as seguintes:
- Europa non pode alcanzar os seus obxectivos de circularidade sen crear un verdadeiro mercado competitivo para as materias primas secundarias. Para logralos necesítanse incentivos económicos axeitados e medidas vinculantes firmes, como a obligatoriedade do contido reciclado nos produtos.
- Débese prestar moita atención durante a etapa de deseño do produto. Necesítanse medidas de deseño ecolóxico, a través de requisitos esenciais e disposicións sobre durabilidade, para aumentar a reciclabilidade e a reutilización dos produtos.
- Os refugallos que poden ser reciclados ou recuperados deben ser desviados dos vertedoiros. Isto é crucial para escalar na xerarquía de residuos e aforrar nas emisións de gases de efecto invernadoiro.
- As capacidades de conversión en enerxía para os residuos non reciclables representan unha parte integral da economía circular. Para lograr o obxectivo de desviar os residuos dos vertedoiros, a valorización enerxética é agora máis necesaria que nunca.
Os relatores conviñeron en que, no contexto da recuperación da crise da COVID-19, os estímulos da economía circular equivalen aos estímulos da recuperación. A industria da xestión de residuos é un axente fundamental para reorientar axeitadamente os investimentos e aproveitar o seu propio potencial para lograr a circularidade e a neutralidad climática.
A este respecto, o Presidente do FEAD, Peter Kurth, subliñou que «as materias primas do futuro proveñen dos residuos. A industria da xestión dos residuos é un socio clave para lograr este obxectivo e canalizar os investimentos axeitados cara á recuperación económica».
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Vídeo Aeversu