- O acordo permitirá compartir coñecemento e desenvolver iniciativas en ecodeseño, innovación, dixitalización e xestión dos produtos téxtiles e do calzado ao final da súa vida útil
- Así mesmo, busca axudar ás empresas na transición cara a unha cadea de valor máis circular e competitiva
Cerceda, 14 de outubro de 2026.- RE-VISTE, asociación sen ánimo de lucro que impulsa un Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor, (SCRAP), para o téxtil e o calzado en España, e ARTE -Asociación Retail Téxtil España-, asinaron un Convenio Marco de Colaboración que permitirá a ambas as dúas entidades compartir información, identificar retos comúns e promover iniciativas que axuden ás empresas a avanzar cara a unha cadea de valor máis circular, innovadora e competitiva.
Entre as liñas de traballo previstas atópanse o intercambio de coñecemento e o desenvolvemento de estudos e iniciativas en ámbitos como a dixitalización, a formación en novas tecnoloxías e a innovación aplicada ao sector, contemplando igualmente a cooperación con centros de investigación e innovación para identificar solucións que faciliten o cumprimento normativo das empresas e melloren a xestión dos produtos téxtiles e do calzado ao final da súa vida útil.
RE-VISTE e ARTE tamén promoverán unha xestión acorde coa xerarquía de residuos, priorizando a prevención, a reutilización e a prolongación da vida útil dos produtos. E, cando a reutilización non sexa posible, traballarán para favorecer a incorporación dos materiais a novos procesos produtivos, sempre que resulte viable.
A colaboración tamén pretende aproveitar a relación das empresas do comercio téxtil cos consumidores para contribuír a xerar coñecemento e promover hábitos vinculados á circularidade dos produtos téxtiles e de calzado.
Fonte: RE-VISTE